Denuncian a situación de abandono de varios centros escolares en Dodro

O Concello de Dodro di que acometeu obras de urxencia durante agosto e inicios de setembro tras non realizalas o anterior goberno local. Educación di que valorará a posibilidade de incluír o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón no Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas.

Por Galicia Confidencial | Dodro | 20/09/2019 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

O Concello de Dodro a situación de abandono que veñen sufrindo varios centros do municipio por parte do anterior goberno municipal do PP. “Abandono que se podía confirmar nos informes  que se teñen rexistrado no concello por parte da dirección dos dous centros, ou nas visitas que desde o goberno se teñen feito nas primeiras semanas de lexislatura os distintos centros educativos”, apunta nun comunicado.

Desperfectos nun centro escolar de Dodro
Desperfectos nun centro escolar de Dodro | Fonte: remitida

Por iso, durante os meses de agosto e setembro realizaron obras de urxencia en varios destes centros, sobre todo, pintado, limpeza, traballos de acondicionamento e substitución de estruturas antigas ou rotas. 

Ademais, o alcalde Xavier Castro , o concelleiro de educación Abel Tarrío acompañados da representante da ANPA Natalia Romero , reuníronse este xoves con Jesús Oitavén Barcala, responsable da area da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, para trasladarlle a demanda de  rehabilitación do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón.

Nesta reunión expúxose por parte do concello e da representante da ANPA, a necesidade urxente de acometer melloras e reparacións a un edificio que dende o ano da súa construción en 1982 case non se acometeron obras de reparación estrutural , das que agora se entenden que son necesarias.

AConsellería de Educación da Xunta de Galicia transmitíuselle os representantes do goberno municipal e da comunidade educativa de Dodro que se estudará e valorará a posibilidade de incluír, no futuro, o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón  no Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas. “A intención é a de resolver as deficiencias que o colexio ten, e se converta nun elemento dinamizador para o futuro do concello”, suliña.

Situación na que se atopa un dos centros escolares de Dodro
Situación na que se atopa un dos centros escolares de Dodro | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta