Eva Solla, candidata de EU para liderar a lista nas vindeiras autonómicas

Presentará este luns a súa candidatura ás primarias de EU. Un aposta que podería supoñer pecharlle a porta a que Yolanda Díaz volva á política galega.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2019 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

A coordinadora nacional de Esquerda Unida (EU), Eva Solla, presentará este luns a súa candidatura ás primarias que celebra o partido para seleccionar ao seu candidato á Presidencia da Xunta nas eleccións autonómicas, previstas para setembro de 2020.

En concreto, a tamén vicepresidenta segunda do Parlamento de Galicia fará pública a súa proposta nunha rolda de prensa que se celebrará este luns, ás 10,00 horas, na sede da formación en Santiago.

Fontes de Esquerda Unida ratificaron a Europa Press que a de Solla é, de momento, a única candidatura rexistrada a estas primarias. En caso de presentarse algunha alternativa, debe ser antes do mércores 25 de setembro, día que acaba o prazo.

Este proceso de primarias concluirá a mediados do mes de outubro, tal e como o ratificou a Coordinadora Nacional celebrada a principios de setembro. Este órgano aposta por atopar un nome que xere consenso para reeditar unha candidatura de confluencia con outras formacións de esquerda, como xa ocorreu en 2012 con Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) ou en 2016 con En Marea --marca da cal, xunto con Anova e Podemos, EU xa se desligou-.

Outro dos nomes que soaba nas quinielas para ser candidata á Presidencia da Xunta é a deputada de Galicia en Común por Pontevedra, Yolanda Díaz, tamén con certa traxectoria na política autonómica. Con todo, ela mesma sinalou a mediados deste mes de setembro que "a súa principal preocupación" era "sacar un Goberno adiante" no Estado.

PERFIL

Eva Solla (Vigo, 1984) é enfermeira nas listas do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e desde 2014 secretaria xeral do Partido Comunista de Galicia (PCE). Desde aí deu o salto a ser coordinadora nacional de EU a partir do 2016, cando sucedeu a Yolanda Díaz.

Tras formar parte do Grupo de Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) na pasada lexislatura, Solla volveu ser elixida deputada autonómica polo partido instrumental En Marea en 2016, que se converteu primeira forza da oposición. Desde entón, ocupa a Vicepresidencia segunda da Cámara.

Despois da ruptura definitiva de En Marea no Parlamento en xullo de 2019, forma parte do Grupo Común da Esquerda xunto a integrantes de Podemos, Anova e independentes. De cara aos comicios autonómicos do 2020, mostrouse partidaria a volver constituír unha candidatura de confluencia de forzas de esquerda.

Eva Solla na rolda de prensa deste martes
Eva Solla na rolda de prensa deste martes | Fonte: Pedro Davila - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Dalle que libras

Con permiso de YOLI PROCESIONES '

3 Gamela

Cando se negocien as listas do 10N queremos ver no número 1 a Alexandra Kollontai !!! http://parte.gal/2019/02/18/o-treme... A única muller DIGNA de sentar no Congreso das Deputadas por Galicia !!!

2 Gamela

Sempre viviron grazas aos votantes alleos, sempre fagocitaron aos seus socios para medrar e acadar os mellores postos coas mellores remuneracións (no caso de Solla = 96.000 € son 8.000 € / mes) Rubén Pérez a pesares de perder votantes logra atornillarse no Concello de Vigo con 41.000 € / por unha adicación parcial de 26 horas!) Pero sobre todo nunca cumpriron a súa palabra e nunca deron un peso a EnMarea (sen a que nunca terían acadado escano algún!) *** http://www.galiciaconfidencial.com/... *** Logo de 3 anos nin siquera se dignaron responder a esta carta: http://www.galiciaconfidencial.com/... Mala Xente !!!

1 xacobe

4 gatos...

1 Orduño

E o BNG 2... supeditados ao PSOE.