A Xunta declara a urxente ocupación de terreos para completar as obras dos plans de emerxencia de 4 encoros

Os traballos inclúen salas de xestión de emerxencias e sistemas acústicos de aviso á poboación.

Por E.P. | VIGO | 24/09/2019 | Actualizada ás 14:46

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes o decreto polo que se declara a utilidade pública e a urxente ocupación, por vía de expropiación, dos terreos necesarios para completar as obras dos plans de emerxencia de catro encoros na provincia de Pontevedra: Caldas de Reis, Baiona, Eiras (que abastece Vigo) e O Con (que abastece Vilagarcía).

Segundo informou a Xunta, ese paso permite a Augas de Galicia avanzar na tramitación dos plans de emerxencia, que xa se están executando, cun investimento de máis de 785.000 euros.

As expropiacións (que foron autorizadas polo Consello da Xunta o pasado 5 de setembro), permitirán completar a instalación do sistema de aviso acústico á poboación. Así, xa se colocaron 13 das 17 sirenas previstas nas diferentes presas, e queda pendente instalar unha en Caldas e O Con, e outras dúas no encoro de Eiras.

Estas catro presas están situadas dentro da demarcación Galicia-Costa e son a únicas desta demarcación que son de titularidade autonómica.

Encoro do río Umia
Encoro do río Umia | Fonte: Luis Miguel Bugallo Sánchez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta