UU.AA. lamenta que na "lexislatura do rural" anunciada por Feijóo "subiron os impostos"

O sindicato agrario lamenta que "chove sobre mollado nos anuncios bandeirola que despois non se corresponden coa realidade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2019 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

Unións Agrarias (UU.AA.) afeou este mércores ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, con motivo do debate sobre o estado da autonomía que o seu "anuncio chocan coa súa propia acción".

Nun comunicado, o sindicato agrario censurou que na "lexislatura do rural" anunciada por Feijóo "caeron as axudas e subiron os impostos para os produtores". Por iso, demanda que actúe no canto de realizar "unha mera declaración de intencións baleira de contidos".

Sobre a súa intervención desta xornada, UU.AA. lamenta que "chove sobre mollado nos anuncios bandeirola que despois non se corresponden coa realidade". Pon de exemplo aos centos de mozos aos que "se nega as axudas para modernizar as instalacións", a caída de apoios para a reconversión de viñedos, así como a redución de subvencións por danos de fauna salvaxe.

Ademais, recrimina que a Xunta "nada fixo para frear a sangría económica" fronte ao "catastrazo" que padecen as granxas, especialmente as de carne e leite, que "atravesan pola súa crise máis grave das últimas décadas".

Roberto García, secretario xeral de UUAA
Roberto García, secretario xeral de UUAA | Fonte: GC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta