Os retos das cidades galegas pasan por procurar eficiencia enerxética, convivencia e menos coches no centro urbano

As diferentes perspectivas serviron para debuxar perfís de cidade que comparten elementos, pero que tamén contan con particularidades que requiren de diversas actuacións concretas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2019 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

As grandes cidades galegas márcanse varios retos para actuar contra o cambio climático e mellorar a calidade de vida da cidadanía, entre os que se encadran a procura da eficiencia enerxética, o fomento da convivencia social nos espazos públicos e a restrición dos vehículos nos centros urbanos.

Os alcaldes de catro das sete grandes urbes de Galicia reuníronse este venres na xornada 'A transición enerxética nas cidades' para debater, propor e expor a situación galega respecto desta materia e a súa aposta polas enerxías renovables. Á cita acudiron os alcaldes de Ferrol, Santiago, Pontevedra e Lugo.

No evento, as diferentes perspectivas serviron para debuxar perfís de cidade que comparten elementos, pero que tamén contan con particularidades que requiren de diversas actuacións concretas.

RETOS E PRIORIDADES

Durante as súas intervencións, o edil pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores, incidiu na aposta por "unha cidade compacta" que "estea ao servizo dos cidadáns todos os días do ano", un fin que ao seu xuízo conséguese con "vontade política", como a que necesitou o seu goberno para restrinxir o tráfico no centro da cidade.

Esta "vontade" tamén debe ir acompañada dun "cambio de mentalidade" por parte da sociedade, apunta o alcalde de Ferrol, Ángel Mato. Desde a súa posición o maior reto ao que se enfronta nesta materia ten que ver coa "procura da eficiencia enerxética" en diferentes barrios a través da redución de consumo.

Esta formulación tamén o comparte o rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, que pretende "mellorar os consumos" do iluminado público e enumera outros retos como a "restrición do tráfico" en "eixos centrais da cidade", como xa se fixo no Centro histórico, pero que neste caso non especificou zonas concretas.

Ademais, outras prioridades de Santiago pasan por licitar e contratar os servizos de áreas de saneamento, a limpeza diaria de recollida e tratamento de lixos, así como o transporte público entre outros moitos asuntos que "son urxentes", sobre todo ante a inminente chegada do Ano Santo 2021.

Pola súa banda, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, tamén fixo referencia á necesidade alcanzar a "eficiencia enerxética" e situarse como unha cidade pioneira en España en desenvolver o primeiro "barrio multiecolóxico" a través da construción do "primeiro edificio impulso verde Galicia", que contemple a redución de emisión de CO2 nun 90% respecto dos edificios convencionais.

ADMINISTRACIÓN E SEGURIDADE

Con todo, todas estas medidas polas que apostan as "cidades galegas do futuro" precisan de "facilidades administrativas" para acelerar os procesos de licitación, "recursos" e, segundo Matogueira, unha maior "seguridade xurídica" con respecto ás enerxías renovables.

Ao longo desta xornada, todos os edís dos gobernos locais coincidiron con Méndez, que sinalou que as "experiencias erradas", os "vaivéns políticos, o pouco fomento do autoconsumo", o custo económico, o marco lexislativo e a crise do Euro impediron o pleno desenvolvemento das enerxías renovables en Galicia, sobre todo a fotovoltaica.

Neste sentido, Matogueira lamentou que en España "existan as empresas, a capacidade e os tecnólogos" para levar a cabo esta transición enerxética e que, con todo, "pola presión das grandes empresas" o Goberno non fose nin sexa capaz de "abordar a situación" e que iso provoque perder a "oportunidade de ser líderes" a nivel Europeo.

FUTURO

Dadas as circunstancias, os responsables de exercer as competencias locais proponse crear "cidades de futuro para os cidadáns" a través de plans estratéxicos urbanos, o investimento no I+D+i para motivar o uso das tecnoloxías en procesos de transición enerxética e o compromiso do resto das administracións para que cada unha exerza as súas capacidades.

Desta maneira, as grandes urbes galegas poderían estar máis preto desta transición e seguir o exemplo doutros países europeos como Bruxelas. En concreto, segundo a Fundación Enerxías Renovables, a responsable organizadora desta xornada, Galicia conta con 3.000 pequenos produtores fotovoltaicos, que con todo non se instalaron no territorio.

Por este motivo, a actuación, cooperación e reacción por parte de todas as institucións resulta indispensable para poder abordar o cambio climático e a transición cara ás enerxías renovables, unhas reclamacións que non só comparten os alcaldes senón tamén as diferentes manifestacións que están convocadas para este venres en máis de 200 cidades a nivel internacional, así como galego.

Xornada 'A transición enerxético nas cidades'. EUROPA PRESS / ELISA PIÑÓN / Europa Press
Xornada 'A transición enerxético nas cidades'. EUROPA PRESS / ELISA PIÑÓN / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta