Santiago aproba pagar a indemnización de 620.000 euros a Doal pola adxudicación da ORA e do guindastre

A tenente de alcalde, Mercedes Rosó, lembrou que esta indemnización é "moitísimo diñeiro", que "redundará nas arcas municipais", e que se trata dun asunto "moi delicado", que agora o consistorio confía en pechar.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 30/09/2019 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

A Xunta de Goberno de Santiago aprobou este luns a execución do pago dunha indemnización de máis de 620.000 euros á empresa Doal, en concepto de lucro cesante, pola adxudicación do servizo da ORA e do guindastre en 2012 a Setex-Aparki, nun concurso anulado polos tribunais tres anos despois.

Así o explicou, en rolda de prensa, a primeira tenente de alcalde de Santiago, Mercedes Rosón, que compareceu para dar conta dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno desta semana.

O Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Santiago deu a razón en maio deste ano á empresa Doal en relación coa necesidade de ser indemnizada polo lucro cesante derivado deste concurso anulado, que derivou despois na municipalización do servizo. En xullo, o concello tomou a decisión de non recorrer esta sentenza e abonar o pago, ao que deberán engadirse os intereses correspondentes.

Mercedes Rosón lembrou durante a rolda de prensa que esta indemnización é "moitísimo diñeiro", que "redundará nas arcas municipais", e que se trata dun asunto "moi delicado", que agora o consistorio confía en pechar.

PROCESO XUDICIAL

O proceso xudicial iniciouse en 2012 cando Doal, segunda clasificada no concurso, en vista de que se lle outorgaba a xestión deste servizo á empresa Setex Aparki, denunciou o acordo da xunta de goberno local.

En 2015, a xustiza anulou a concesión por mor dun recurso de apelación, pero en lugar de retrotraer o concurso de adxudicación e outorgar o servizo a Doal, o goberno local de Compostela Aberta optou por iniciar un proceso de remunicipalización do guindastre e a ORA, que continuou prestando durante dous anos a empresa Setex a través de prórrogas.

Nese momento, Doal levou a cabo unha reclamación pola denegación do proceso de adxudicación e lucro cesante. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) fallou ao seu favor condenando ao concello a abonar unha indemnización á empresa ademais dos intereses xerados.

A primeira tenente de alcalde, Mercedes Rosón.
A primeira tenente de alcalde, Mercedes Rosón. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Estralampa

Estaria bem que a nova aportasse informação do resultado económico da re-municipalização, para valorarmos o preço real do processo de controlo público. Controlo que, ademais, permitiu liberar de zona azul amplas superfícies para uso gratuito por residentes...