Kim Lenz, a coñecida como 'raíña do rockabilly', estará no Outono Códax Festival 2019

O prestixioso 'festival galego de música negra' que patrocina Martín Códax chega á súa 9º edición.

Por X.M. Fernández | Santiago de Compostela | 02/10/2019 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Martín Códax, en colaboración con Pousadas de Compostela, Raíña Productions e A Reixa achegará a Galicia o mellor da 'música negra' con cinco citas imprescindibles en Santiago de Compostela (15 e 19 de outubro, 9 e 29 de novembro, e 1 de decembro).

Presentación do Outono Códax Festival 2019. Fonte: Organización
Presentación do Outono Códax Festival 2019. Fonte: Organización

O festival volve xuntar os sons máis selectos do rhythm&blues, o soul, o blues, o country, o boogie woogie ou o rock´n roll clásico a través dunha coidada programación na que, fiel á súa filosofía, inclúe a participación de artistas e bandas de referencia internacional, destacados nomes da escena estatal e algunhas das formacións galegas máis relevantes ou emerxentes do panorama actual.

cartel será integramente inédito en Galicia, unha proba máis do compromiso do Outono Códax por facilitar o acceso dos fans do xénero aos directos de artistas de renome que dificilmente chegan aos escenarios galegos e que, como é o caso, ata o de agora non actuaron na nosa comunidade. Ademais da diva estadounidense Kim Lenz, recoñecida mundialmente como a raíña do rockabilly; chegan a Compostela, entre outras propostas atractivas, The Rhum Runners, unha banda franco-belga, e Los Torontos, dúas propostas 'moi canallas' que sorprenderán.

Na web do Outono Códax esá a programación e información completa dos artistas e bandas e un acceso para a reserva de entradas e abonos.

CANCELACIÓN

Outra cabeza de cartel que tiña o festival, a estadounidense Nikki Lane, vén de anunciar estes días que cancelaba a xira europea, co cal tamén se cae a data que tiña para o Outono Códax (1 de decembro). A organización lamenta profundamente o sucedido, informando a través das súas redes sociais que é a primeira vez que acontece algo así despois de 80 artistas e bandas que teñen pasado polos escenarios do festival. 

A organización informa así mesmo que se devolverá o importe íntegro das entradas que xa foran reservadas para o concerto desta artista; e sobre os abonos indican que coñecida a banda ou artista que cubra a actuación cancelada, aquelas persoas que xa mercaron o seu abono poderán conservalo se así o desexan (o abono será válido igualmente) ou, no caso de que non sexa así, abrirase un prazo de devolución.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta