Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2019 | Actualizada ás 11:41
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) a adxudicación de 46 axudas dun máximo de 49.900 euros anuais a estudantes de etapas postdoutorais nas universidades galegas, en organismos públicos de investigación e noutras entidades de I+D+i en Galicia.
En concreto, segundo informa a Xunta, trátase de máis de 5,7 millóns de euros das consellerías de Educación e Economía. Cada estudante percibirá unha contía variable en función do destino dos dous primeiros anos de estancia.
De feito, dous investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) que realizan dous anos de estancia en Estados Unidos recibirán unha dotación complementaria de 5.000 euros anuais por ter a condición de bolseiros 'Fulbright'.
Así mesmo, ao amparo da resolución publicada este venres no DOG, hai outros 40 beneficiarios --26 da USC, 13 na Universidade de Vigo (UVigo) e unha na Universidade da Coruña (UDC)-- por un importe total de máis de 4,9 millóns.
No caso das demais entidades, outórganse tres subvenciones a investigadores do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC, outra para o Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, outra para a Fundación Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago (IDIS) e unha última para a Fundación Profesor Novoa Santos. Neste caso, o total ascende a máis de 760.000 euros.
A Xunta destaca que a convocatoria "quere contribuír a reducir o desequilibrio entre mulleres e homes" dedicados á investigación na formación postdoutoral no I+D+i galego, polo que á hora de conceder as axudas tívose en consideración o peso relativo das mulleres nas propostas presentadas. Deste xeito, das 46 axudas concedidas 25 son para mulleres.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.