O 061 asistiu a 57 persoas debido a 44 accidentes de tráfico rexistrados o fin de semana en Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2019 | Actualizada ás 10:14

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante o fin de semana a 57 persoas debido a 44 accidentes de tráfico ocorridos na rede viaria galega. O domingo, con 19 incidentes, foi a xornada con máis sinistros.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas deste venres 4 de outubro e as 23,59 horas do domingo 6 un total de 55 chamadas en relación con accidentes de tráfico.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 58. En concreto as ambulancias realizaron 54 saídas; o helicóptero medicalizado asistiu nunha ocasión e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en tres sinistros.

En 48 casos os feridos foron levaron aos centros sanitarios correspondentes e en nove ocasións recibiron atención no lugar do accidente sen necesitar traslado. A proporción de homes atendida ascendeu ao 56 por cento e a de mulleres situouse no 44 por cento. En canto ás idades dos asistidos, o 28 por cento dos atendidos tiña entre os 20 e 34 anos.

Por provincias, a da Coruña, con 22 sinistros, foi a que rexistrou máis accidentes durante os desprazamentos do fin de semana; seguida de Pontevedra, con 11; Ourense, con sete; e Lugo, con catro.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta