Por amarante (http://www.amarantesetem.org) | GC ABERTO | 25/05/2012
O venres 25 DE MAIO ás 19H, o Concello de Narón proxectará o documental ‘PEQUENAS DOSES DE SUPERVIVENCIA. OS ROSTROS DO COMERCIO
XUSTO ECUATORIANO’ realizado polos voluntarios Álex Espiño, Juan de Sola, Rita Pérez e Carlos Fariña no 2009 e habera un coloquio tras a proxección.
Ademais poderase visitar na biblioteca municipal a exposición de Agareso e Amarante Setem ‘OS ROSTROS DO COMERCIO XUSTO’, composta por 40 imaxes en branco e negro do fotógrafo Miguel Núñez. Tanto o filme como a exposición pretenden amosar o proceso de cambio que se produciu nas comunidades agrícolas ecuatorianas grazas ao comercio xusto e a cooperación internacional.
Estará presentes na charla por parte de Amarante Setem, Nanda Couñago mOtero, e por parte de Agareso, Lorena Seijo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.