Salvamento recupera o corpo sen vida dun home arrastrado polo mar nunha praia de Porto do Son

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2019 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

O helicóptero Pesca 1 de Salvamento Marítimo recuperou da auga o corpo sen vida dun home que foi arrastrado polo mar cando se bañaba na praia de Queiruga, en Porto do Son.

Praia de Queiruga, en Porto do Son
Praia de Queiruga, en Porto do Son | Fonte: Xunta.

Segundo Salvamento, ás 17,20 horas deste xoves recibiuse un aviso de que un home de entre 30 e 40 anos desaparecera mentres se bañaba nunha zona rochosa do areal de Queiruga.

Salvamento mobilizou a lancha Salvamar Regulus e o helicóptero Pesca 1, que se desprazaron ao lugar para peitear a zona.

Finalmente, ás 19,33 horas, a aeronave localizou o corpo no mar e procedeu ao seu traslado ata a praia de Queiruga, onde quedou baixo custodia dos efectivos de emerxencias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta