Gonzalo Caballero: "temos que mobilizar a lume de carozo aos cidadáns para evitar un goberno PP-Vox-C's"

Critica a Cs e ao PP por seguir "a política de camaleón" que presumen de centralidade e pactan con Vox "alí onde lle dan as contas".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 13/10/2019 | Actualizada ás 16:49

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, avisou do "perigo" que podería supor para a sociedade española un Goberno de PP, Cs e Vox se suman maioría nas próximas eleccións xerais, unha situación que só pode evitarse "mobilizando a lume de carozo" á cidadanía e concentrando "o voto útil" no PSOE.

Caballero destacou este domingo nun mitin dos socialistas en Ourense que "a única alternativa á dereita rancia e caciquil de España" é o "modelo de progreso" que ofrece o partido socialista e que o 10 de novembro "revalidará" e mellorará os resultados do pasado 28 de abril.

Con todo, sinalou que ninguén pode "permitirse o luxo" de non ir votar e que, "por un mínimo de desafección" non se pode "xogar co futuro" do país. Por iso "hai que porse as pilas desde xa", recalcou, á vez que situou ao seu partido "como a mellor defensa" para apostar pola sanidade, a educación e o estado de benestar.

Ademais, reiterou as reivindicacións das que tamén falou a ministra Isabel Celaá neste encontro, sobre a subida do salario mínimo interprofesional, as bolsas en educación ou a aposta pola dependencia.

POLÍTICA DE CAMALEÓN

Con ningunha desas medidas está de acordo nin a dereita nin a ultradereita, reprochou Caballero na súa intervención. Na mesma, tamén sinalou "ao líder da ultradereita sen complexos", Santiago Abascal, que non dubidou en declararse "contrario ao dereito ao aborto", "nega a violencia de xénero e carga contra o modelo de convivencia do Estado".

Ao seu lado, recalca Caballero, atópase a "política de camaleón do PP e Ciudadanos", que se postulan como "centro" ideolóxico pero "gobernan coa ultradereita" naquelas administracións nas que "lles dan as contas".

CRÍTICAS A FEIJÓO

As súas críticas tamén se dirixiron ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a súa "política de confrontación" co Goberno de Pedro Sánchez. "Trata de tapar a súa mala xestión" con "continuas mentiras", engadiu.

Neste sentido, Caballero reprochou que o xefe do Goberno galego poña os intereses do seu partido por encima dos de Galicia e fale de "convivencia e centralidade" cando el mesmo manifestou no Debate de Estado de Autonomía "concentrar os votos do Vox no PP" e mantén un "discurso ultraconservador" que non se distancia dos de Pablo Casado ou Cayetana Álvarez de Toledo.

A ministra de Educación e Universidades, Isabel Celaá, e o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en Ourense
A ministra de Educación e Universidades, Isabel Celaá, e o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en Ourense | Fonte: Cedida- Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Mira como espabilan os "sociolistos", xa colocaron ao Pepiño Blanco !!! https://twitter.com/GamelaNova/stat...

1 Gamela

Camaleóns hainos en moitos sitios e Camaleoas tamén ! https://twitter.com/GamelaNova/stat...