O BNG promete levar ao Congreso unha proposta de servizo galego de tren con proximidades para as cidades

Néstor Rego insiste en reclamar unha comisión de investigación "independente" sobre o accidente da curva de Angrois.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2019 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

O cabeza de lista do BNG pola Coruña, Néstor Rego, avanzou que se a formación consegue representación no Congreso proporá a transferencia ao Goberno galego de "todas as liñas" ferroviarias para pór en marcha "un servizo propio" de tren que conte con proximidades para as cidades da Comunidade.

En declaracións aos medios fronte á estación de ferrocarril de Santiago, o candidato do Bloque explicou que este servizo de proximidade sería especialmente importante para as áreas metropolitanas de Vigo e A Coruña. No caso da cidade herculina, lamentou os "grandes problemas" que sofre o seu transporte terrestre.

Esta proposta anunciada polos nacionalistas galegos pretende loitar contra as infraestruturas ferroviarias "claramente deficitarias" de Galicia e cuxa mellora repercutiría na "mobilidade" da poboación e de mercadorías.

ACCIDENTE DE ANGROIS

Noutra orde de cousas, aproveitando a súa visita á estación compostelá, Rego criticou os "intereses políticos" de PP e PSOE para "tapar todo tipo de responsabilidades" que tiveron os exministros de Fomento José Blanco e Ana Pastor co accidente da curva de Angrois ocorrido o 24 de xullo de 2013.

Sobre iso, e tras coñecerse esta semana que un extraballador de Talgo relatara ás vítimas do sinistro como media hora despois do suceso os directivos da empresa ordenaron borrar probas de avarías no tramo, o nacionalista volveu a esixir unha comisión de investigación "independente".

A cabeza de lista do BNG ao Congreso pola Coruña, Néstor Rego, e outros membros do partido.. BNG
A cabeza de lista do BNG ao Congreso pola Coruña, Néstor Rego, e outros membros do partido.. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta