Galicia e A Habana: diversos actos conmemoran a relación histórica entre os dous territorios

Unha exposición internacional, conferencias e un congreso profundarán durante os próximos meses na relación entre Galicia e A Habana.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2019 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

Unha exposición internacional, conferencias e un congreso profundarán durante os próximos meses na relación histórica entre Galicia e A Habana, cando se cumpre o quinto centenario da fundación da capital cubana.

O programa de conmemoración esta deseñado polo Consello da Cultura Galega (CCG), aproveitando que o próximo 16 de novembro cumpriranse cinco séculos da fundación da Habana, e busca percorrer e pór en valor estes vínculos.

A celebración arrincará este martes na capital cubana coa inauguración da exposición 'O soño cubano da emigración galega', que acollerá o que fora Centro Galego na Habana, o Gran Teatro Alicia Alonso.

Na inauguración participarán o vicepresidente do CCG, Xosé Manoel Núñez Seixas, e a vogal da Comisión Executiva, María Xosé Porteiro, que tamén tomarán parte o xoves, día 17, nunha mesa redonda que analizará a presenza galega na Habana e que terá lugar na Biblioteca Vicentina Antuña da Facultade de Artes e Letras.

'O soño cubano da emigración galega' pretende percorrer as fases e facetas principais da emigración que levou a preto de 200.000 galegos a Cuba, desde a súa chegada ata o seu retorno, pasando polas súas asociacións, a situación da muller inmigrante, as publicacións e proxectos políticos para Galicia xurdidos en Cuba e a pegada deixada polos galegos na sociedade cubana.

A mostra, en palabras de Núñez Seixas, "permitirá coñecer unha relación que se remonta moito atrás e que se acentúa no século XX". En preto de trinta paneis pódese descubrir o perfil do galego emigrante na Habana (novos, maioritariamente homes, procedentes de sectores medios, que se integran no pequeno comercio, que chegan a Cuba a través de redes familiares) e coñecer o "espertar" dunha conciencia galega en Cuba.

Fotografías, documentos persoais e materiais procedentes do asociacionismo galego ilustrarán esta mostra inédita que tamén permite recoñecer o "denso tecido asociativo" galego desde 1871, unha esfera pública articulada por cabeceiras de prensa propias e decenas de sociedades microterritoriales ou de instrución.

REVISIÓN DESDE GALICIA

Tras os encontros en Cuba, entre o 7 e o 8 de novembro as celebracións faranse en Galicia. Así, os mesmos comisarios (María Xosé Porteiro e Xosé Manoel Núñez Seixas) coordinan o congreso 'A Habana galega: Historia e memorias cruzadas', que pretende profundar nas relacións entre estes dous territorios físicos cunha revisión da historia da cidade en clave galega, os movementos migratorios e tamén as pegadas mutuas entre a cultura galega e cubana.

Ademais, seguindo a liña de difusión do patrimonio documental producido pola colectividade galega do exterior, actualizouse na rede do Repertorio da prensa galega da emigración, unha listaxe das publicacións galegas editadas "tanto polas asociacións de emigrantes como por figuras destacadas da colectividade galega", que están relacionadas co feito migratorio.

En total, lembrou o CCG, hai unhas 756 referencias hemerográficas correspondentes a publicacións que presentan unha variada tipoloxía, como boletíns, xornais de información xeral, revistas culturais, revistas internas das asociacións de emigrantes, prensa política, e publicacións institucionais, entre outros documentos.

Exposición 'O soño cubano da emigración galega'.. CONSELLO DA CULTURA GALEGA
Exposición 'O soño cubano da emigración galega'.. CONSELLO DA CULTURA GALEGA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta