Feijóo compara e critica o "compromiso" do Goberno central co Xacobeo e "outras efemérides" noutras autonomías

O presidente da Xunta di que Cultura mostra "boas intencións", pero "de momento" nada de "orzamento e investimentos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2019 | Actualizada ás 15:18

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou este luns que o investimento do Ministerio de Cultura na actualidade é "o normal e o que estaba previsto", como cada ano, algo que non é "comparable ao compromiso" do Estado "con outras efemérides" de distintas comunidades autónomas. "Boas intencións si, orzamento e investimentos de momento non", aclarou.

Alberto Núñez Feijóo intervén ante os medios tras a reunión da comisión Organizadora do Xacobeo 2021.. XUNTA DE GALICIA
Alberto Núñez Feijóo intervén ante os medios tras a reunión da comisión Organizadora do Xacobeo 2021.. XUNTA DE GALICIA

Preguntado polas críticas do delegado do Goberno, Javier Losada, nunha entrevista na Cadena Ser, nas que acusaba a Xunta de non decatarse dos compromisos do Ministerio de Cultura co Xacobeo, Feijóo respondeu: "Dáme a sensación que quen non se decata moito é o delegado do Goberno do que fai o seu propio Gobienro. Unha cousa é ser do Goberno e outra ser delegado", respondeu o presidente da Xunta.

Así, asegurou que mantivo unha conversao pasado 12 de outubro co responsable estatal de Cultura, na que o mandatario se comprometeu a detallar os "4 ou 5 millóns que está a investir" este departamento en Galicia e que "vai tentar concretar" o que ten previsto para o próximo Xacobeo.

"Digo previsión, non confirmación", matizou Feijóo, quen agradeceu o ton "cordial" do responsable de Cultura. "Boas intencións si, orzamento e investimentos, de momento non".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta