Case 800 pacientes da área sanitaria de Pontevedra reciben cada día tratamento anticoagulación

En total son case dez mil as persoas que reciben tratamentos anticoagulantes en toda a EOXI Pontevedra e O Salnés.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2019 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

Máis de 600 pacientes en Atención Primaria e 150 en Atención Hospitalaria da EOXI de Pontevedra e O Salnés reciben tratamentos ou controis de anticoagulación. Así o destacou o xerente de xestión integrada, José Ramón Gómez Fernández, na inauguración esta tarde en Montecelo dunha xornada de Atención Integrada e Continuidade Asistencial centrada na anticoagulación.

Segundo indicou o xerente, entre xaneiro e setembro de 2018 os dispositivos asistenciais do Servizo Galego de Saúde (Sergas) nesta área sanitaria atenderon 195.000 contactos con pacientes en tratamento deste tipo, o que xerou unha media de 21.000 ao mes.

Deste xeito, case 10.000 pacientes --un 3% da poboación de referencia da EOXI de Pontevedra e o Salnés-- reciben tratamento anticoagulantes. Segundo explicou o Sergas, o ciclo de xornada de Atención Integrada e Continuidade Asistencial constitúe desde novembro de 2018 un foro de intercambio de opinións e experiencias entre os diferentes profesionais de Atención Primaria e Atención Hospitalaria.

Hospital de Montecelo, en Pontevedra
Hospital de Montecelo, en Pontevedra | Fonte: aldhos.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta