Por desdepobra (http://www.desdepobra.com) | GC ABERTO | 05/06/2012
Ofertando unha gran variedade de actividades lúdicas e educativas en combinación co ensino técnico e a convivencia de nenos a través da práctica do fútbol.
A intención e finalidade deste VI Campus, non é outra que alcanzar de xeito lúdico que os nenos/ás, gocen da actividade deportiva e formativo.
Convivir de forma amigable e cordial con nenos/ás de idades afíns, co obxectivo de entaboar novas amizades. Mellorar os hábitos de disciplina e esforzo, adquirindo valores, respecto polos demais, polos materiais, polo cumprimento de tarefas, actividades e demais funcións a realizar.
Coñecer e desenvolver estilos de vida saudables a través do binomio dieta saudable e exercicio físico e deporte.
Practicar o deporte do fútbol, optimizando os principais contidos técnicos e tácticos, tendo o factor diversión como elemento principal.
Mellorar a formación técnica e táctica dos inscriptos, combinando o fútbol con diferentes talleres formativos tanto en valores coma de hábitos alimenticios saudables.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.