A Xunta abre expediente sancionador a catro pazos que organizan vodas e banquetes

Trátase do Pazo do Río, Pazo de Xaz, Reitoral de Cines e Pazo das Cadeas, todos eles na provincia da Coruña e sen autorización para a súa explotación turística.

Por E.P. | A CORUÑA | 17/10/2019 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

A Xunta, a través da Axencia de Turismo, determinou iniciar expedientes sancionadores contra catro establecementos da provincia da Coruña "que albergan vodas e banquetes", segundo informa a Asociación Profesional de Autónomos, Emprendedores e Empresarios de Galicia (Ascega) tras a denuncia que presentou contra os mesmos por ofertar "determinados servizos sen a correspondente autorización".

En concreto, na documentación trasladada a Ascega, a Xunta informa que se abriu os correspondentes expedientes sancionadores "pola presunta comisión dunha infracción administrativa grave en materia de turismo".

Nun comunicado, a asociación empresarial sinala que estes pazos --dous en Oleiros, un en Carral e outro en Oza-Cesuras-- "operan na provincia da Coruña mentres cometen unha infracción grave tipificada na lei que regula a actividade turística na comunidade galega e que ten que ver coas condicións necesarias para organizar e realizar vodas e banquetes".

Segundo afirma, "tanto o Pazo do Río e o Pazo de Xaz, situados no concello Oleiros, como a Reitoral de Cines, en Oza-Cesuras, realizarían cambios substanciais na actividade para a que solicitaron permiso, a de ofrecer un servizo como restaurantes". "No caso do Pazo das Cadeas, en Carral, carecería de calquera tipo de autorización para a súa explotación sequera turística", engade.

Pazo do Río, na Coruña
Pazo do Río, na Coruña | Fonte: pazodorio.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta