Alertan dun contrato amañado para privatizar helicópteros antilume

A gañadora do concurso da Xunta sería unha UTE entre Natutecnia, na que participa un ex-conselleiro, e INAER; denuncia a CIG.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 06/06/2012 | Actualizada ás 10:23

Comparte esta noticia

A CIG demanda unha entrevista á conselleira de Medio Rural e do Mar para que "explique por qué se está a preparar un contrato para contratar helicópteros e persoal de incendios mentres a Xunta dispón de persoal propio altamente cualificado".

A central nacionalista asegura que ten coñecemento de que a Consellaría do Medio Rural e do Mar pretende privatizar as brigadas helitransportadas do Servizo de Prevención Defensa Contra Incendios forestais (SPDCIF). É mais, o sindicato asegura que sabe os gañadores do concurso. "Esta consellaría prepara un contrato para que unha UTE, formada por NATUTECNIA e INAER, se faga cargo do servizo ata o de agora prestado polas brigadas helitransportadas do SPDCIF", denuncia.

None

A CIG di que "non se entende como dun contrato que aínda non se publicou xa se coñezan os adxudicatarios, violando así o principio de igualdade". Segundo denunciou a oposición nesta lexislatura, un dos directivos de NATUTECNIA é Carlos del Álamo, que fóra conselleiro de Medio Ambiente na era Fraga.

Na súa versión, mste contrato abranguería non só o alugueiro dos medios técnicos, neste caso os helicópteros que aportaría INAER, senón a dotación de persoal que prestaría o servizo neles e que achegaría NATUTECNIA.

Os trabaladores critican a "neglixencia que supón, prescindir dun persoal cualificado como é o que presta servizo nas brigadas helitransportadas, que son unha peza clave do dispositivo antiincendios, o cal vai supoñer un perigo evidente para o verán que se aproxima".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta