A Unión de Asociacións Galegas de Cataluña fala de "incerteza e inseguridade"

O presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, contactou con entidades galegas no país catalán.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2019 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

O presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, contactou durante a xornada deste venres con diferentes entidades en Cataluña para interesarse pola situación da colonia galega asentada alí.

Manifestación independentista en Barcelona, no día de folga xeral convocada contra a sentenza do 'procés'
Manifestación independentista en Barcelona, no día de folga xeral convocada contra a sentenza do 'procés' | Fonte: @JonInarritu en Twitter.

A Cámara autonómica informou de que, nas diferentes conversas, Santalices trasladou aos responsables dos centros "o seu apoio e solidariedade".

Un dos dirixentes cos que falou é o presidente da Unión de Asociacións Galegas de Cataluña (Uagalcat), Eduardo Méndez, quen explicou que está "moi agradecido" pola chamada do xefe do Lexislativo.

Nunha xornada de folga xeral en Cataluña, Méndez incidiu en que "a situación é tensa", como lle transmitiu ao presidente do Parlamento galego, e vívese con "incerteza e inseguridade".

Os galegos que viven en Cataluña están "á espera" do que poida ocorrer e hai sensación de "medo" e "risco" tamén no ámbito empresarial, segundo Méndez.

"Cando un presidente autonómico encabeza as manifestacións, apaga e vámonos", sinalou o titular da Unión de Asociacións Galegas de Cataluña, quen considera que a única vía ante o conflito é "negociar, non para a independencia, senón para buscar unha solución política".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Varela

Os centros "gallegos", ises antros do rexionalismo máis casposo do "miña terriña, meu lar", de sevillanas e cartaces de touradas, de paella e español. Visca Cataluña. Ises colonos españois son só inadaptados e alienados bandullos agradecidos ás subvencións da Xunta. Força!

1 mirko

certo