Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2019 | Actualizada ás 18:48
O Camiño de Santiago supera xa no que vai de ano todos os peregrinos de 2018, pois os últimos datos sinalan que preto de 329.000 persoas fixeron a ruta xacobea en 2019. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que se prevé alcanzar este ano os 350.000 peregrinos, á vez que mostrou o seu "optimismo" de cara ao Xacobeo 2021.
Pola súa banda, o Consello da Xunta aprobou este xoves o nomeamento do Consello de Europa como novo embaixador do Camiño de Santiago.
O presidente da Xunta destacou ao Consello de Europa como unha institución clave para favorecer o coñecemento e divulgación da ruta xacobea ao convertela no primeiro itinerario cultural europeo en 1987 e promocionar os valores xacobeos.
GALARDOADOS
A Xunta creou en 2013 esta figura do embaixador de honra do Camiño de Santiago, un cargo honorífico e vitalicio co que se recoñecerá a aquelas persoas ou institucións que puxesen en valor e continúen traballando na promoción e difusión da ruta xacobea.
O primeiro distinguido foi o rei Felipe VI, cando era príncipe de Asturias. Posteriormente, fórono o exseleccionador español de fútbol Vicente do Bosque, o expresidente do Goberno Mariano Rajoy e o rei emérito Juan Carlos I.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.