Os '19 de Meirás' piden "celeridade" ao Goberno para recuperar o pazo e a Casa Cornide

Tamén piden a recuperación das estatuas de Abraham e Isaac do Pórtico da Gloria, tamén en mans da familia do ditador Francisco Franco.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2019 | Actualizada ás 18:43

Comparte esta noticia

O colectivo '19 de Meirás' reclama "celeridade" e "contundencia" ao Goberno na recuperación para o público do Pazo de Meirás, a Casa Cornide ou as estatuas de Abraham e Isaac do Pórtico da Gloria, todos eles bens en mans da familia do ditador Francisco Franco.

Os 19 de Meirás
Os 19 de Meirás | Fonte: Europa Press

"En Galicia queda moito por exhumar dos restos do franquismo", asegurou o portavoz do colectivo e candidato do BNG ao Congreso, Néstor Rego, que expresa a súa satisfacción pola saída dos restos do ditador do Val dos Caídos "aínda que sexa con 40 anos de atraso".

O grupo de investigados por unha acción reivindicativa no Pazo de Meirás solicita ao Goberno central que actúe con "celeridade" e "contundencia" para recuperar o complexo situado en Sada (A Coruña), así como a Casa Cornide e as estatuas de Abraham e Isaac.

"O 5 de novembro está previsto o xuízo contra nove persoas denunciadas pola familia Franco por reclamar a devolución da Casa Cornide, mentres que os '19 de Meirás' seguimos pendentes e á espera de xuízo", sinala Rego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta