Castromao, un dos asentamentos castrexos máis antigos de Galicia, xa ten protección como Ben de Interese Cultural

O Goberno galego aprobou declarar BIC a zona arqueolóxica siutada no concello ourensán de Celanova.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2019 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

O Goberno galego aprobou declarar Ben de Interese Cultural (BIC) a zona arqueolóxica de Castromao, siutada no concello ourensán de Celanova, que conta cun valor cultural destacado fundamentado na súa importancia histórica, no seu potencial científico e no seu carácter representativo como un dos asentamentos castrexos máis antigos de Galicia.

Castromao
Castromao | Fonte: Xunta.

O decreto aprobado alcanza a totalidade dos vestixios e rexistros arqueolóxicos vinculados a esta área e inclúe un catálogo de elementos patrimoniais.

A zona, segundo subliña a Xunta, presenta un magnífico estado de conservación no que respecta ás estruturas arqueolóxicas exhumadas, consolidadas e exhibidas, un total de 75 vivendas que, xunto coas murallas, constitúen unha excelente mostra da arquitectura en pedra.

Galicia conta na actualidade con 742 BICs, unha cifra na que xa se inclúe a zona arqueolóxica de Castromao.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta