Bugallo confía en que o AVE chegue a Santiago antes do 25 de xullo de 2021

Pontón censura "o pitorreo" da chegada da alta velocidade e di que "PP e PSOE pensan que os galegos somos parvos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2019 | Actualizada ás 15:07

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, expresou que confía en que o servizo para chegar á capital galega en AVE estea funcionado antes do 25 de xullo do próximo Xacobeo, que se celebrará en 2021.

Cuestionado este venres sobre a posibilidade, apuntada pola Xunta, de que a entrada en funcionamento da conexión entre Galicia e a meseta se atrase de novo, Bugallo pediu diferenciar entre os prazos para a finalización da obra e a entrada en servizo da liña.

Así, asegurou que lle consta que o Ministerio de Fomento "traballa día e noite" para cumprir os prazos, pero incidiu en que "non" lle corresponde a Adif "dicir cando entra en servizo un tramo", decisión que recae na Axencia de Seguridade Ferroviaria. "Espero e desexo que o AVE chegue a Santiago antes do 25 de xullo de 2021", asegurou Bugallo.

O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo
O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo | Fonte: Concello de Santiago

"`PITORREO A GALICIA"

Pola súa banda, A portavoz nacional, Ana Pontón, censurou "o pitorreo a Galicia" que, ao seu xuízo, cometen o Partido Socialista e o PP coa chegada do AVE a Galicia despois de que, na xornada do xoves, o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, asegurase que se volverá a atrasar e non entrará en funcionamento, polo menos, ata 2021.

"O PP e o PSOE pensan que os galegos e galegas somos parvos e poden seguir facendo promesas que incumpren sistematicamente, mentres outros territorios levan 25 anos gozando do AVE, aquí o que levamos son 25 anos de mentiras do PP e do PSOE", aseverou Pontón en declaracións aos medios este venres en Cambados (Pontevedra).

Para a líder frontista, a reapertura do debate en plena precampaña sobre a conexión coa Meseta por liña de alta velocidade ferroviaria é "un exemplo de manual" da "discriminación" das forzas estatais a Galicia. Así, lembrou que desde o inicio de século, PP e PSOE, cos seus gobernos no Estado, atrasaron  a chegada do AVE a Galicia, prevista inicialmente para o ano 2010.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 GalizaCeibe

27 anos despois, o Ave ainda non chegou a nosa casa. So por iso nunca votarei un partido estatal, sempre me sacrifican por motivos politicos. Eu os rexeito polos mesmos motivos. Politica galega xa, tanto da de esquedas, dereitas ou transversoaltermediatica