Denuncia que algo queda

Na actualidade é o que vende. Denunciar, difamar, e logo levar ós xulgados o asunto, sen ter acusacións concretas. Claro, previa noticia pública pra que os medios lle dean luz e, a poder ser, con grandes e chamativos titulares. Iste foi o mantra que se impuxo durante anos nalgúns partidos políticos moi personalistas. Cultivar a denuncia xudicial baixo a premisa de que, sempre algo queda, pois o denunciado terá que demostrar a súa honorabilidade, e non quen acusa só con indicios e sen as probas contundentes. Polo que o acusado, diante esta maneira de actuar, sempre sairá perdendo.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 29/10/2019

Comparte esta noticia
Nesta sociedade levamos moitos anos nos que, fronte a unha linguaxe racional e xustificada con argumentos, impúxose a linguaxe chocalleira da denuncia xenérica sen probas que soamente busca o titular. E un sector moi importante da cidadanía picou   aceptando e premiando co seu voto ise  xogo perverso. Quedarse co titular e apaludir a quen denuncia sen máis miramentos é o máis sinxelo. Polo que, na actualidade se falas de proxectos de cidade; se falas das cousas que son importantes prara o  futuro, non te escoita ninguén. Mellor, esa mensaxe non ten interese. Pola contra, se falas arremetendo contra quen argumenta e fai propostas serias eres escoitado e seguido.  E nesa deriva é na que estamos hoxe. Por iso,  os problemas de Ourense xa non son nin a estación intermodal, nin o PXOM, nin a praza de Abastos, nin determinados viais  para cidade, nin a caída da poboación, nin a desaparición do comercio local, nin os parques e xardíns esnaquizados... Agora os problemas son  unha morea de  rampas de acceso chamadas escaleiras mecánicas.
 
Tanta verborrea dicindo que na casa consistorial nos estaban  a  roubar; tanta  denuncia infundada que chegou á xustiza que fixo moito dano e agora apandamos co peor. Os denunciantes foron diversos, uns partidos políticos persoais, tamén  algún funcionario resentido por non lles dar o que pedía; logo algúns constructores habituados a facer o que lles viña ben pra o seu peto; e, por último, xuices e fiscais que, pode que polo seu traballo, ate  vexan bruxas onde non hai nada de nada ou que tramitan casos que terían que ir pola via administrativa. E deste xeito,  todos, como colaboradores necesarios axudaron a esta desfeita. E agora  no concello da cidade, cada vez que hai un pleno, temos un  espectáculo ridiculo, onde o actor principal, o alcalde,  é  a estrela da función titiriteira. 
 
O certo é que, en Ourense esa maneira de actuar, e a diarrea verbal de que todo vale con tal de acadar o poder, desfixo un goberno que sí tiña un proxecto pra esta cidade. E como consecuencia axudou  a destrucción do creto persoal de moitos e bos cidadáns e, con elo o desprestíxio da institución municipal. Pois compre lembrar que humillouse a un alcalde, machacouse a moitos concelleiros que aínda siguen paseando polos xulgados. E a pregunta é  a seguinte: Quen saiu perdendo? Pois primeiro os encausados, dado que o dano persoal non hai sentenza que o repare. Pero que máis perdeu foi a cidade e, en concreto, todos os ourensás. Aprenderemos os habitantes desta Auria algo despois desta desfeita? Esperemos.

O pleno da Deputación de Ourense
O pleno da Deputación de Ourense | Fonte: EP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com