Santiago prevé construír 200 vivendas protexidas en 2020

A conselleira de Medio Ambiente e o alcalde de Santiago acordaron necesario "retomar a política de vivenda" que "estivo desaparecida" nos últimos anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2019 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago marcou o obxectivo de que en 2020 a capital galega poida construír 200 vivendas protexidas municipais e reactivar así as políticas de promoción pública e protección oficial de fogares.

Este foi un dos asuntos tratados na reunión que mantiveron este mércores a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, que destacou a súa intención de preparar os terreos municipais para construír dous centenares de vivendas.

Ambos acordaron, entre outras cousas, que é necesario "retomar a política de vivenda" que "estivo desaparecida" nos últimos anos, pero que esperan "mobilizar" para promocionar "a vivenda de protección autonómica e pública" nas áreas de Xoan XXIII, O Castiñeiriño e San Lázaro.

Bugallo destacou a súa intención de "recuperar o desenvolvemento" deste tipo de políticas, "a un ritmo máis pausado" que anteriormente, para poder ofrecer "vivendas alcanzables para as persoas traballadoras" que agora se están vendo afectadas polo problema que xorde cos pisos turísticos, entre outros factores.

TERREOS E VIVENDAS BALEIRAS

O obxectivo é que en Santiago non se poida dicir "que non hai vivendas para comprar ou alugar" e que, ao mesmo tempo, sexa posible "acceder aos terreos e domicilios baleiros", explicou Ángeles Vázquez.

Neste sentido, será o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) o que determine cales son as edificacións que conten con esa cualificación e cales non. Polo momento, a Xunta destinou 118 millóns de euros dos seus orzamentos para que Galicia poida promocionar a vivenda pública.

En concreto, para Santiago a Administración autonómica xa designou 700 mil euros para 24 construcións que teñen previsto contar cun proxecto básico listo para licitación no primeiro trimestre de 2020.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda co alcalde de Santiago. XUNTA
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda co alcalde de Santiago. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta