Luis Tosar e Carlos Blanco protagonizarán 'Los Favoritos de Midas', a nova serie de Netflix

Comezarán a súa rodaxe o 4 de novembro en Madrid.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 31/10/2019 | Actualizada ás 12:41

Comparte esta noticia

Netflix anunciou a repartición que acompañará a Luis Tosar en 'Los Favoritos de Midas', a miniserie de 6 episodios creada por Mateo Gil. O thriller comezará a súa rodaxe o próximo 4 de novembro en diferentes localizacións de Madrid e prolongarase durante 15 semanas.

Marta Belmonte ('Gente que viene y bah', 'Isabel'), Willy Toledo ('El otro lado de la cama', '7 vidas'), Marta Milans ('Vergüenza', 'El embarcadero'), Carlos Blanco ('Volver', 'Fariña') e Bea Segura ('Hierro', 'Hospital Central'), completan a repartición principal da ficción escrita por Mateo Gil e Miguel Barros.

Ambientada no Madrid actual, Os Favoritos de Midas está inspirada no relato curto de Jack London 'The Minions of Midas' (publicado en 1901), no que un gran empresario sofre unha estraña chantaxe: se non accede a pagar unha elevada suma de diñeiro, os autodenominados Favoritos de Midas matarán unha persoa ao azar na data sinalada e engadirán unha nova vítima periodicamente ata conseguir o seu obxectivo. Cantas mortes serán capaz de cargar sobre os seus ombreiros?

O propio Gil e Oskar Santos dirixirán a serie que está producida por Nostromo Pictures e que, segundo informou o servizo de streaming nun comunicado, ten previsto a súa estrea a nivel mundial en Netflix durante o próximo ano.

Mateo Gil e Luís Tosar, director e protagonista dos Favoritos de Midas. NETFLIX
Mateo Gil e Luís Tosar, director e protagonista dos Favoritos de Midas. NETFLIX | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta