A CIG critica a La Voz tras os despedimentos na FORGA

O sindicato nacionalista nega que botase 30 traballadores non militantes da UPG da súa fundación para a formación aproveitándose da reforma laboral, como denuncia o diario coruñés.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 20/06/2012 | Actualizada ás 10:38

Comparte esta noticia

Polémica entre La Voz de Galicia e a CIG. A FORGA, unha fundación vinculada ao sindicato nacionalista, acaba de botar 15 traballadores, segundo a central. Son 30 a través dun ERE que se aproveita da reforma laboral e que afecta só aos que non son da UPG, segundo a cabeceira coruñesa.

"Gustaríamos saber en que se fundamenta La Voz de Galicia para facer as afirmacións e acusacións que fai, sen previamente contrastalas coa dirección da nosa entidade; non sendo que o que procure, a Dirección do xornal, sexa facer algo totalmente alleo ao xornalismo e á ética xornalística", clama a Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvimento Tecnolóxico, o Emprego e a Formación en Galiza (FORGA).

La Voz denunciou que "o sindicato CIG acaba de acollerse a unha das ferramentas reforzadas pola recente reforma laboral para prescindir de 30 dos seus traballadores". A cabeceira tamén cita fontes dos afectados para acusar á FORGA de botar só traballadores que non son militantes da UPG. A UPG é o principal partido comunista dentro do Bloque e cuxos militantes artellan democraticamente os principais órganos de goberno do sindicato CIG e do BNG.

A FORGA rebate que só botou 15 asalariados (4 deles de xeito temporal) e nega o ERE ou que se aproveitase da reforma laboral, contra a que a CIG convocou incluso unha folga xeral. A Fundación culpa ao PP dos despedimentos, por reducir as subvencións para a formación dos asalariados. Así, asegura que dispón dun 80% menos de cartos para organizar cursos que en 2009. A FORGA tamén destaca que lle ofreceu as "mellores" condicións aos despedidos, por exemplo 40 días por ano traballado aos que perden definitivamente o seu emprego.

None

A CIG acaba de gañar as eleccións na Voz

Para comprender mellor este cruce de acusacións, cómpre ter en conta que a CIG acaba de gañar as eleccións sindicais na Voz. Este grupo mediático atópase, como case todos, nunha delicada situación económica. O ano pasado o seu cadro de persoal referendeu un plan que inclúe unha sucesión de despedimentos e prexubilacións. La Voz é, ademais, un medio tradicionalmente moi crítico coas mobilizacións do nacionalismo de esquerda e da CIG en particular.

Os problemas económicos entre os sindicatos non son exclusivos da CIG. Por exemplo, traballadores do SLG levaban a semana pasada meses sen cobrar, un dos factores que contribuíu ao relevo na dirección da central.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 71 comentarios

22 Mario S.

Segue:É falso que os despedimentos e suspensións temporais de emprego da FORGA sexan trinta, é falso que a FORGA sexa o brazo político dun sindicato ou dun partido, e tamén é falso que a FORGA presentara un ERE extintivo nos termos que apunta o xornal. As realidades que están a inventar algúns xornalistas de La Voz teñen efectos prexudiciais para o país galego e, por riba, serven para agachar o feito probado de que as reducións da plantilla da FORGA e doutras entidades vencelladas á formación profesional son froito da política do PP para que os cartos que administra no eido do emprego, que sufriron fortes recortes, sexan para as empresas dos militantes e simpatizantes da dereita.

21 Mario S.

Segue: O certo é que nos presupostos do 2011 e nos do actual exercizo o Goberno autonómico reduciu entre o 50 e o 85% as súas aportacións á FORGA e outros prestatarios de servizos coa finalidade de beneficiar ás empresas que dirixen os "amigos" do PP, caso de Gerardo Crespo, que na actualidade é un dos presuntos membros dunha rede adicada ao aproveitamente irregular ou ilegal dos subvencións que administra a Consellería de Traballo, feitos que están a ser investigados pola Xustiza. La Voz de Galicia tamén insinúa que as medidas laborais aplicadas pola FORGA son consecuencia dunha decisión ou suxerencia da UPG ou da CIG... Este e outros contos de La Voz non só forman parte da intención do "grupito" e de Santiago Rey Fernández-Latorre de desprestixiar á esquerda, aos sindicatos e ao nacionalismo galego, senón que por riba de todo teñen unha intencionalidade económica: manter as subvencións e as axudas que a empresa editora recibe da Xunta.

20 Mario S.

No blogue dos ExVoz: A resposta de La Voz ao triunfo da esquerda e do nacionalismo nas eleccións sindicais La Voz de Galicia ven de informar que FORGA, vinculada ao galeguismo, procediu ao despedimento de trinta traballadores a través dun ERE, aproveitando (segundo La Voz) a reforma laboral do Goberno español do PP. Sempre segundo La Voz, eses despedimentos non afectaran aos traballadores simpatizantes ou membros da Unión do Povo Galego (UPG), o partido de esquerdas que lidera o Bloque Nacionalista Galego (BNG). A noticia é unha das manipulacións informativas ás que se prestan algúns xornalistas de La Voz e, ¡por casualidade!, a película se difunde xusto cando a Confederación Intersindical Galega (CIG) ven de gañar as eleccións sindicais celebradas en La Voz de Galicia SA.

19 Euloxio

Ao marxe de polémicas, compre ler o que hoxe publica ExVoz: http://exvoz.canalblog.com/archives...

18 Vexo Vigo, vexo Cangas

Que o ERE na Forga, igual que pasará nos liberados da CIG, afecta só aos que non lle renderon pleitesía e obediencia cega a Suso Seixo é un feito perfectamente contrastable. Os ghichiños da Grande Obra UPG non van ao paro. Postos a falar da FORGA se pode falar das súas finanzas e dalgúnhas desviacións económicas para tapar buratos noutra organización. Preguntádelle a Suso Seixo e a Oubiña Parracho. Tamén a Sabio Maroño, o ghicho que está tirando moito partido dos seus coñecementos da contabilidade da FORGA.

1 na galiza

iso xa o contestaron antes. aporta algo novo, anda. é que non sabes como responder aos comentarios anteriores? os ghichiños da UPG si que van ao paro.

2 Mario S.

Non sei de onde sae a noticia. Eu sei dalgúns que van á rúa e é son militantes ou próximos á UPG. O único que interesa a este medio e outros nos últimos tempos é desprestixiar a unha forza política que centra o seu interese no País no lugar de en personalismos. E non, NON son militante. Pero a este paso e con semellantes novas e comentarios non sei se tardarei moito.