A CIG critica a La Voz tras os despedimentos na FORGA

O sindicato nacionalista nega que botase 30 traballadores non militantes da UPG da súa fundación para a formación aproveitándose da reforma laboral, como denuncia o diario coruñés.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 20/06/2012 | Actualizada ás 10:38

Comparte esta noticia

Polémica entre La Voz de Galicia e a CIG. A FORGA, unha fundación vinculada ao sindicato nacionalista, acaba de botar 15 traballadores, segundo a central. Son 30 a través dun ERE que se aproveita da reforma laboral e que afecta só aos que non son da UPG, segundo a cabeceira coruñesa.

"Gustaríamos saber en que se fundamenta La Voz de Galicia para facer as afirmacións e acusacións que fai, sen previamente contrastalas coa dirección da nosa entidade; non sendo que o que procure, a Dirección do xornal, sexa facer algo totalmente alleo ao xornalismo e á ética xornalística", clama a Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvimento Tecnolóxico, o Emprego e a Formación en Galiza (FORGA).

La Voz denunciou que "o sindicato CIG acaba de acollerse a unha das ferramentas reforzadas pola recente reforma laboral para prescindir de 30 dos seus traballadores". A cabeceira tamén cita fontes dos afectados para acusar á FORGA de botar só traballadores que non son militantes da UPG. A UPG é o principal partido comunista dentro do Bloque e cuxos militantes artellan democraticamente os principais órganos de goberno do sindicato CIG e do BNG.

A FORGA rebate que só botou 15 asalariados (4 deles de xeito temporal) e nega o ERE ou que se aproveitase da reforma laboral, contra a que a CIG convocou incluso unha folga xeral. A Fundación culpa ao PP dos despedimentos, por reducir as subvencións para a formación dos asalariados. Así, asegura que dispón dun 80% menos de cartos para organizar cursos que en 2009. A FORGA tamén destaca que lle ofreceu as "mellores" condicións aos despedidos, por exemplo 40 días por ano traballado aos que perden definitivamente o seu emprego.

None

A CIG acaba de gañar as eleccións na Voz

Para comprender mellor este cruce de acusacións, cómpre ter en conta que a CIG acaba de gañar as eleccións sindicais na Voz. Este grupo mediático atópase, como case todos, nunha delicada situación económica. O ano pasado o seu cadro de persoal referendeu un plan que inclúe unha sucesión de despedimentos e prexubilacións. La Voz é, ademais, un medio tradicionalmente moi crítico coas mobilizacións do nacionalismo de esquerda e da CIG en particular.

Os problemas económicos entre os sindicatos non son exclusivos da CIG. Por exemplo, traballadores do SLG levaban a semana pasada meses sen cobrar, un dos factores que contribuíu ao relevo na dirección da central.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 71 comentarios

12 sempre para adiante

Forga sen cartos????? desvios para o bng, xente contratada por ese SINDICATO? que se dedican a facer de salvadores do pais pero so baixo as siglas BNG - UPG O patrimonio da CIG supera os 30 millons de euros (si si mais de 5.000 millons de pesetas) miles de euros perdidos nas preferentes, inversions en bonos do estado, e xustifican os despedimentos por baixa de ingresos, canta hipocresia

1 cfer

sempre para adiante,vanche ir a chepa os patriotas puros meu

2 cfer

sempre para adiante,vanche ir a chepa os patriotas puros meu

3 sempre para adiante

Patriotas puros, si, bandullos agradecidos, ovelliñas da Upg e do Movimento son os que sobreviven nese sindicato nacionalista e de clase: apenas 70000 afiliados sustentan a máis de 300 asalariados, senon fose por esas subvencions do goberno español como farian como.

4 Preguntador

Tes probas de que a CG inverteu en bonos do estado Español e nas preferentes?

5 sempre para adiante

Probas, por suposto, do patrimonio, dos gastos de máis de 1000 euros/mes telefono movil dalgún 'jefillo' dos bonos, dos saldos contratados nas preferentes, dos depositos bancarios na La Caixa(millóns de euros) esas dietas desorbitantes que se embolsan tanto sindicalista, aberrantes actitudes de xente que predican o contrario do que actua

6 Investigador

Hipocresía a túa sempre para adiante. Ti non fuches o que te marchaches con cartos da túa Comarca e te botaron por corrupto e ladrón?

7 sempre para adiante

Non Investigador, non vas ben por ahi, pero non sufras prenda, non sufras, porque se algo do que se escribiu non fose certo aceptaríase o teu medo, ti si que non sabes nin o que escribes nin o que te refires

8 lemés

Se o que di sempre é certo, que sería bon aclarar, estamos nunha cova de ratos. Por Lugo, onde tocan poder os da UPG non medra a erva doutra cor, pero tamén alí onde campan os de Máis Galiza e mesmo os Irmandiños que se foron (Monforte e Chantada) o clientelismo é igual que co PP. O dito, unha cova de ratos!

9 Investigador

Non mintas investigador, es ti. Por iso entras a despotricar con falsedades, estás doido.

11 cfer

canto lle ten tapado La Voz a upg-cig. anda, anda.

10 bonburen

Recordade, de paso, que a CIG promoveu, dentro da Voz, o voto a favor para o novo convenio a cambio de botar á rúa ao 15% da plantilla. Preguntade que era o que dicía o sindicato en Sabón: "este convenio é o menos malo"

9 formado

para os que queiran ir as fontes, e ter unha visión máis completa do asunto, e non só as informacións interesadas da voz: http://forga.info/web/novas/19-6-20...

1 Re-formado

formado, ese enlace que pós é o mesmo que está no primeiro paragrafo!

8 A UPG

Aos que aprobeitan para botar pestes contra a UPG, pódenlle preguntar aos que entran no ERE e son próximo á UPG (ou mesmo da UPG) que opinan dos seus comentarios.