A CIG critica a La Voz tras os despedimentos na FORGA

O sindicato nacionalista nega que botase 30 traballadores non militantes da UPG da súa fundación para a formación aproveitándose da reforma laboral, como denuncia o diario coruñés.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 20/06/2012 | Actualizada ás 10:38

Comparte esta noticia

Polémica entre La Voz de Galicia e a CIG. A FORGA, unha fundación vinculada ao sindicato nacionalista, acaba de botar 15 traballadores, segundo a central. Son 30 a través dun ERE que se aproveita da reforma laboral e que afecta só aos que non son da UPG, segundo a cabeceira coruñesa.

"Gustaríamos saber en que se fundamenta La Voz de Galicia para facer as afirmacións e acusacións que fai, sen previamente contrastalas coa dirección da nosa entidade; non sendo que o que procure, a Dirección do xornal, sexa facer algo totalmente alleo ao xornalismo e á ética xornalística", clama a Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvimento Tecnolóxico, o Emprego e a Formación en Galiza (FORGA).

La Voz denunciou que "o sindicato CIG acaba de acollerse a unha das ferramentas reforzadas pola recente reforma laboral para prescindir de 30 dos seus traballadores". A cabeceira tamén cita fontes dos afectados para acusar á FORGA de botar só traballadores que non son militantes da UPG. A UPG é o principal partido comunista dentro do Bloque e cuxos militantes artellan democraticamente os principais órganos de goberno do sindicato CIG e do BNG.

A FORGA rebate que só botou 15 asalariados (4 deles de xeito temporal) e nega o ERE ou que se aproveitase da reforma laboral, contra a que a CIG convocou incluso unha folga xeral. A Fundación culpa ao PP dos despedimentos, por reducir as subvencións para a formación dos asalariados. Así, asegura que dispón dun 80% menos de cartos para organizar cursos que en 2009. A FORGA tamén destaca que lle ofreceu as "mellores" condicións aos despedidos, por exemplo 40 días por ano traballado aos que perden definitivamente o seu emprego.

None

A CIG acaba de gañar as eleccións na Voz

Para comprender mellor este cruce de acusacións, cómpre ter en conta que a CIG acaba de gañar as eleccións sindicais na Voz. Este grupo mediático atópase, como case todos, nunha delicada situación económica. O ano pasado o seu cadro de persoal referendeu un plan que inclúe unha sucesión de despedimentos e prexubilacións. La Voz é, ademais, un medio tradicionalmente moi crítico coas mobilizacións do nacionalismo de esquerda e da CIG en particular.

Os problemas económicos entre os sindicatos non son exclusivos da CIG. Por exemplo, traballadores do SLG levaban a semana pasada meses sen cobrar, un dos factores que contribuíu ao relevo na dirección da central.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 71 comentarios

7 CIG

A CIG non ten problemas económicos, é o FORGA. As estructuras e as funcións son ben diferenciadas.

1 Preguntador

Se a CIG non ten problemas económicos, porque non deixa de financiar Sermos Galiza e adica os cartos a salvar os postos de traballo da FORGA? Que prioridades son esas?

2 financiador

os traballadores da CIG contrátanse en función do número de afiliados: Cada tantos afiliados, un traballador. Isto permite que a CIG non teña problemas económicos e non dependa de subvencións. Entendo entón que a CIG ten que sobrecargar a súa capacidade económica cuns 300.000€ en salarios ao ano que haberá que pagar coas aportacións a SERMOS GALIZA? Desde logo esa sería unha aportación xenerosa.

3 financiador

os traballadores da CIG contrátanse en función do número de afiliados: Cada tantos afiliados, un traballador. Isto permite que a CIG non teña problemas económicos e non dependa de subvencións. Entendo entón que a CIG ten que sobrecargar a súa capacidade económica cuns 300.000€ en salarios ao ano que haberá que pagar coas aportacións a SERMOS GALIZA? Desde logo esa sería unha aportación xenerosa.

4 Por respostador

Iso é mentira, até agora os traballadores de CIG e FORGA, ou CIG-FORGA tiñan os mesmos salarios e o mesmo estatuto de persoal. Forga no seu momento levantou á CIG economicamente, eran outros tempos, agora é un problema. Por certo, o día que peche Forga, quén a quedar logo cos locais en propiedade que tén a fundación que non é calquera cousa? os traballadores de Forga? ou a xunta? ou a igrexa católica? iso senón estan todos hipotecados que xa se vera.

5 sempre para adiante

Respostador, permiteme puntualizar algo do que dis, eu mamei a Cig dende moi cerca, dende a instinta Caja Pontevedra e vese que eres de 'dentro' polo xeito e contido de escribir, pero a Forga non ten ningún local nin propiedade, todo pertence á Cig, por lei as Fundacións nin poden ter propiedades nen beneficios, pero polo demais coincido nas tuas teses

6 finaciador

Respostador minte ao afirmar que o que pon por financiador é mentira. Que lle vamos facer? Si é de dentro ten que saber que as contratacions son por ratios de afiliados.

6 Black Crow

Es indignante, despedir a los otros y quedarse con los tuyos, espero que sobre la UPG y la CIG caiga todo el peso de la ley Sinde.

1 OutroEreMais

Igual que en calquera outra empresa, primeiro salvar o cú dos fieis a empresa (lease Upg), e aproveitar o Ere pra desfacerse dos tocahuevos, como en calquera outro Ere

2 Camilo

no FORGA, igual que no BNG, chámanlle aos que non son da UPG upegallo polo simple feito de non marcharen da organización. Sabedes canta xente de UG que leva case 20 anos traballando no FORGA seguen aí e non se marchan no ERE? Case todos.

5 Enfin

Es la segunda limpieza etnica que hace la UPG en el forga, en Lugo ya hicieran una cuando tomaron el control del Forga, con las pertinentes denuncias de los trabajadores, que por cierto los trabajadores las ganaron todas, y a alguno tuvieron que readmitirlo, ahora otra vez y casualidad, los que quieren meter en el ERE ninguno es de la UPG. A mi lo que me parece es que la UPG es igual al PP eso si uno a la izquierda y otro a la derecha, aunque solo sea de boquilla por que al final actuan igual.

1 A verdade

Enfin, es un mentiroso. Si que hai persoas da UPG no ERE.

2 Enfin

Donde en Lugo, pues los habran metido a última hora con la condición de volverlos a admitir,asi a todo me intentare informar mejor, ya que la información me la dieron hace 15 días y pudieron cambiar las cosas, en el resto me das la razón, o también dices que miento, ya que la purga que hizo la UPG en el forga fué de escandalo.

3 A verdade

Mintes. Por certo, Galiza é máis ampla que Lugo.

4 Couto Mixto

Un español falante (Enfin), moi preucupado pola CIG e polo Forga e, tamén, pola Upg, vaites vaites, non terá dabondo con ampañar os recortes do PP, tamén nas políticas activas de emprego.

5 Enfin

Yo soy afiliado de la CIG, y seguro que llevo más tiempo que muchos de vosotros, en cuanto a Galiza/Galicia,( yo uso los dos indistintamente no tengo ningún problema). En relación a lo que dice verdade????, yo en mi comentario hablo de lo que conozco directamente, y vi como pasaba, del ERE ya digo que eso me informaron y vuelvo a repetir que a la persona que van a aplicar el ERE no es de la UPG y es de las más antiguas en el FORGA, otra la prejubilan, y queda otra que tampoco es de la UPG, que ya veremos que le pasa por que el resto son todos de la UPG, puestos ahi después de la limpieza que hicieron,y que ya he comentado antes, si en LUGO obran así que haran en el resto.

6 Informador

Desde logo, dando información, Enfin non ten prezo. Hai un despedido en Lugo e como, segundo el, non é da UPG non hai despedidos da UPG. Que hai 14 máis. A túa credibiildade cae polo propio peso das túas argumentacións. Ademais, o idioma que utilizas amosa o respeito que sintes polas organizacións nacionalistas.

7 Enfin

Parece que duele la verdad, de donde sacas tu 14 en Lugo de la chistera o te pasa como a otro que tiene problemas de comprensión lectora. Cuando me afilié nadie me dijo que no podia afiliarme por hablar castellano, que pongan un artículo en los estatutos para que solo se puedan afiliar personas que usen el gallego y se acabó el problema.

8 lugués

A ver, enfin, es cortiño, non? hai 15 perosas que entran no ERE, unha delas de Lugo E OS OUTRO 14 DO RESTO DO PAÍS. algúns deles da UPG, outros próximos, outros non...

4 Euloxio

A redución de cartos que sufriu FORGA este ano foi para mellorar as subvencións que a Xunta do PP deu ás empresas de formación que dirixe Gerardo Crespo, amigo do PP e da Voz. Os sindicalistas da CIG terían que preguntarlle ós xornalistas da Voz porque acatan en silenzo a orde de agachar os chanchullos de Crespo e pola contra redactan noticias ao gusto do editor e do director do xornal para prexudicar á esquerda e ó nacionalismo.

1 El PPresidente

Porque para eso le pago a mi fiel Santiago, ¡no te fastidia!

2 bonburen

O xornal que publicou o de Gerardo Crespo foi A Voz. Menudo amigo, non?

3 Euloxio

A Voz só publicou a información básica, non pudo evitalo, e con moitos menos detalles que outros xornais. As empresas de Crespo foron moi ben promocionadas pola Voz desde hai varios anos. Mirade a hemeroteca.

3 El PPresidente

¡Gracias, mi fiel Santiago! Como dice mi amigo entrañable, el ejemplar Paco de Valencia: "te quiero un güevo". Y ahora, marchando una de subvenciones. ¡Te las has ganao!