Gonzalo Caballero acusa ao PP de ser unha "marioneta de Vox"

Afirma que o PSOE "garantirá o estado de benestar" fronte ao xiro ultraconservador do PP

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 01/11/2019 | Actualizada ás 15:29

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, afirmou que votar ao PSOE é símbolo de garantía para preservar "o estado de benestar, o estado de autonomías e os avances na igualdade real" fronte ao "xiro ultraconservador do Partido Popular de Pablo Casado".

Este venres en Lugo, o líder dos socialistas galegos puxo sobre a mesa esta confrontación de face ás próximas eleccións o 10 de novembro. Desta maneira, Caballero cre que "o voto útil de progreso" debe concentrarse no PSOE para que "a marioneta de Abascal" na que, ao seu xuízo, "converteuse Pablo Casado", non teña a oportunidade de acceder á Moncloa.

Ademais de lanzar unha mensaxe "á mobilización masiva", situou ao PSOE como o voto para garantir "a subida das pensións, dos salarios dos funcionarios, do Salario Mínimo Interprofesional (SMI)". "Estamos ao pé do país para trasladar a todos que o 10 de novembro as urnas teñen que estar cheas de votos", dixo.

O secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, nun acto de campaña
O secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, nun acto de campaña | Fonte: Europa Press

"DEREITA RANCIA"

Ademais, Caballero tamén mandou unha mensaxe ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nas súas declaracións. Instouno a "deixar de ser cómplice da dereita máis rancia de Casado, que non ten proxecto económico nin de goberno".

Acusou ao partido de estar "manexado desde a sombra por Aznar e desde fóra por Vox e Santiago Abasacal". Non dubida en aseverar que o PP pon "en risco" todo o que "avanzou o PSOE nestes 16 meses de Goberno" e critica que Feijóo non estableza ningunha "estratexia" para evitar ese risco.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta