O litoral galego, en risco por choiva e vento

Un total de 22 provincias, entre elas as do litoral galego, terán este martes aviso de risco ou risco importante por fenómenos costeiros, choiva, vento e neve, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

Por E.P. | MADRID | 05/11/2019 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

Un total de 22 provincias, entre elas as do litoral galego, terán este martes aviso de risco ou risco importante por fenómenos costeiros, choiva, vento e neve, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

O risco importante (laranxa) por fenómenos costeiros e ondas de ata seis metros afectará as provincias do norte e noroeste da Península, desde Pontevedra ata Guipúzcoa. Con menor nivel de risco (amarelo) a forte ondada afectará tamén as provincias de Valencia, Almería, Granada, ás illas Baleares de Mallorca, Menorca, Eivissa e Formentera así como á cidade autónoma de Melilla.

Este martes, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) espera precipitacións persistentes e que poden ser localmente fortes no extremo norte de Galicia e no Cantábrico e ventos fortes con refachos de moi fortes na Península e Baleares.

Ademais, prevé que seguirá a inestabilidade e as precipitacións persistentes no norte de Galicia e no Cantábrico, onde as choivas poderán ser localmente fortes e con treboadas. Noutras zonas do terzo norte peninsular as precipitacións tamén poderán ter certa persistencia, igual que en áreas montañosas da metade norte.

Respecto das temperaturas diúrnas, prevese un descenso xeneralizado na Península e nos arquipélagos e as mínimas descenderán e deixarán xeadas en zonas de montaña e que serán máis intensas en Pireneos.

Descenso de temperaturas, choivas e forte vento no litoral. JESÚS PRIETO (EUROPA PRESS) - Arquivo
Descenso de temperaturas, choivas e forte vento no litoral. JESÚS PRIETO (EUROPA PRESS) - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta