Bescansa insiste en que a prioridade é "desbloquear" o goberno para "ofrecer solucións á xente"

A candidata ao Congreso pola Coruña de Más País reuniuse en Ferrol con integrantes da Asocación ASCM.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2019 | Actualizada ás 17:21

Comparte esta noticia

A cabeza de lista de Más País ao Congreso dos Deputados pola Coruña, Carolina Bescansa, asegurou que o obxectivo que ten marcado este partido é "acumular a forza necesaria para poder desbloquear a situación" política e lograr un goberno capaz de "ofrecer solucións á xente".

A candidata de Más País pola Coruña, Carolina Bescansa, nun acto en Ferrol.
A candidata de Más País pola Coruña, Carolina Bescansa, nun acto en Ferrol. | Fonte: Europa Press

Estas manifestacións realizounas este martes en Ferrol, onde se reuniu con integrantes da xunta directiva da Asociación ASCM, no seu local do barrio de Esteiro. Alí, a cofundadora de Podemos trasladou que os gobernos e as institucións públicas "o que teñen que facer é ofrecer solucións á xente" que "leva organizada moito tempo, traballando polos seus propios dereitos e necesidades".

Bescansa puxo como exemplo disto a ASCM, unha asociación que ten como obxectivo a plena integración das persoas con discapacidade.

"É un exemplo de anos de loita e de traballo para construír un espazo de encontro para as persoas con diversidade funcional en diversas necesidades", trasladou Bescansa.

A candidata de Más País postulouse a favor "dunha administración que teña máis apertura, máis capacidade de escoita e de interlocución co terceiro sector, co tecido asociativo, conseguiriamos así unha mellor vida nos centos de miles de persoas, que agora non o teñen", incidiu.

Bescansa trasladou que é necesario "que funcionen as institucións e para iso que haxa Goberno". "É algo que temos que resolver o vindeiro domingo e espero que a partir da súa formación podamos defender estas demandas e outras que xa non poden agardar máis", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta