Distanciamento entre PSOE e PP coruñés tras a primeira reunión sobre os orzamentos

Os socialistas destacan que contan de maneira "prioritaria" coas propostas de Marea Atlántica e o BNG.

Por E.P. | A CORUÑA | 06/11/2019 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

Representantes do grupo municipal socialista no Concello da Coruña e do PP celebraron a súa primeira reunión sobre o orzamento de 2020, un encontro que a portavoz municipal popular, Beatriz Mato, considerou "decepcionante".

Fronte a iso, o portavoz do grupo municipal socialista, José Manuel Lage, destacou a rolda de contactos con todos os grupos con representación no consistorio co obxectivo, explicou, de facer un orzamento, "que responda os intereses da maioría social da Coruña".

Na súa comparecencia, Lage admitiu que o obxectivo do goberno local é facer un orzamento tendo en conta de maneira "prioritaria" as propostas de Marea Atlántica e o BNG, que facilitaron a investidura da alcaldesa socialista, Inés Rei.

No entanto, dixo que iso "non impide" que o goberno local "vaia a establecer canles de comunicación con Cidadáns e PP", para analizar as súas propostas.

"Saímos igual que entramos, pola miña banda decepcionada", expuxo, á súa vez, Beatriz Mato o contido dunha reunión da que lamentou que non se lles presentasen "os eixos principais" para a cidade por parte do goberno local.

Reunión dos grupos municipais de PSOE e PP no Concello da Coruña
Reunión dos grupos municipais de PSOE e PP no Concello da Coruña | Fonte: Concello da Coruña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta