PSOE, PP e Cs tomban unha moción no Pleno da Coruña para pedir ao Goberno unha lei de amnistía para os presos cataláns

A proposta partiu da Marea Atlántica.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 07/11/2019 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

O pleno da Coruña rexeitou, cos votos en contra de PSOE, PP e Ciudadanos, unha moción de Marea Atlántica na que se instaba ao Goberno a impulsar unha lei de amnistía para os presos cataláns e a iniciar un diálogo para unha saída política negociada. O texto de Marea Atlántica unicamente foi apoiado polo BNG.

Pleno da Coruña
Pleno da Coruña | Fonte: Europa Press

Na moción, rexéitase "a desproporcionada sentenza do Tribunal Supremo, que pon en risco liberdades básicas como os dereitos de manifestación e liberdade de expresión". Por iso, insta o Goberno a iniciar un proceso de diálogo coas institucións catalás na procura dunha "saída política e negociada á crise do modelo territorial".

"E tamén impulsar unha lei de amnistía para pór en liberdade ás persoas condenadas pola sentenza do Tribunal Supremo", engade.

"A golpe de sentenza non se vai resolver a situación catalá", expuxo, no pleno, o edil Alberto Lema. "Calquera persoa sensata sabe que a solución a Cataluña ten que ser dialogada", asegurou, á súa vez, o concelleiro nacionalista Francisco Jorquera.

Fronte a iso, o contido da moción suscitou as críticas da portavoz municipal do PP, Beatriz Mato. "Convido os socialistas a que se fixen ben con quen están a pactar", dixo sobre os acordos entre PSOE e Marea Atlántica. "Temos pactos con persoas demócratas", replicoulle o portavoz socialista, José Manuel Lage Tuñas, quen rexeitou a existencia de "presos políticos" en España.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta