Inspeccións nas escolas infantís da rede 'A Galiña Azul' afectadas por casos de intoxicacións

Inspectores de Sanidade desprazáronse a algunhas das gardarías nas que se rexistraron reaccións alérxicas en busca de novos indicios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/11/2019 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

A investigación dos casos de intoxicacións en escolas infantís da rede 'A Galiña Azul' segue o seu curso. Este xoves, inspectores de Sanidade desprazáronse a algunhas das gardarías nas que se rexistraron as reaccións alérxicas en busca de novos indicios sobre as condicións nas que estaba a comida e a orixe das reaccións alérxicas.

Comedor escolar
Comedor escolar | Fonte: Europa Press.

Os novos casos afectaron a entre 15 e 20 gardarías da rede pública e o Goberno galego mantén aberta unha investigación para pescudar se esta problemática garda algunha relación con casos similares rexistrados o pasado mes de outubro, que padeceron varias decenas de menores nas zonas de Cangas e A Coruña.

Todos estes centros contan cun servizo de cociña xestionado pola mesma empresa. Precisamente, xa se realizaron inspeccións este mércores tanto na concesionaria do servizo de cociña como na provedora da comida que se serve nestas gardarías.

A maiores, persoal técnico trasladouse este xoves ás escolas da Choupana, en Cangas; do Grove; do Temple, en Cambre; e de Oleiros, "en busca de indicios" que poidan arroxar luz á investigación sobre a orixe destas intoxicacións, posto que os primeiros casos (os de outubro) déronse por menús de peixe e os novos por crema de verduras e pito.

Fontes consultadas apuntaron, ademais, que non se contabilizaron novos brotes alérxicos a maiores e que xa se ordenou á empresa concesionaria do servizo de cociña, Freire Chico S.L., que recorra a establecementos de proximidade ás gardarías e non aos seus provedores habituais.

A partir deste xoves, todos os produtos, desde os alimenticios ao enxoval de cociña, deixarán de estar fornecidos de forma provisional polos provedores centralizados cos que conta a empresa, que terá que recorrer a establecementos localizados nas proximidades de cada centro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta