Música electrónica de vangarda para a Fundación Luis Seoane en novembro

O obxectivo desta iniciativa é que a música electrónica saia dos circuítos habituais e que a cidadanía coruñesa teña a oportunidade de escoitar as últimas tendencias neste tipo de música, segundo informa o Consistorio.

Por E.P. | A CORUÑA | 08/11/2019 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

A Fundación Luís Seoane acollerá o 23 de novembro un encontro de música electrónica de vangarda, o segundo destas caracteríticas que terá lugar na súa sede.

O concelleiro de Cultura do Concello da Coruña, Jesús Celemín, xunto á directora da Fundación, Silvia Longueira, presentou o II Atopo de Síntese Modular da Coruña, Modulartec. Ao acto, asistiu tamén o responsable artístico do evento, Juan de la Colina.

O obxectivo desta iniciativa é que a música electrónica saia dos circuítos habituais e que a cidadanía coruñesa teña a oportunidade de escoitar as últimas tendencias neste tipo de música, segundo informa o Consistorio.

O evento traerá, ademais, á cidade músicos internacionais como o alemán Jan Jelinek e figuras locais como Francisco Parga e Suso Flores, que reflexionarán tamén sobre o seu traballo.

O concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, e a directora da Fundación Luís Seoane, Silvia Longueira, asisten á presentación dun evento de música electrónica. CONCELLO DA CORUÑA
O concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, e a directora da Fundación Luís Seoane, Silvia Longueira, asisten á presentación dun evento de música electrónica. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta