A Rede de Apoio ás Persoas Refuxiadas organiza este luns na Coruña unha xornada sobre xornalismo e inmigración

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2019 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia



A Rede de Apoio ás Persoas Refuxiadas organiza unhas xornadas sobre xornalismo e inmigración baixo o título 'Combater os discursos do odio', que se celebrarán este luns na Coruña e este martes en Santiago de Compostela.

A través dun comunicado, a organización móstrase "profundamente preocupda polas mensaxes e a linguaxe que transmiten odio" en temas relacionados coa migración e os refuxiados non só a través de redes sociais, senón tamén "a través dos medios de comunicación".

En concreto, a Asociación Veciñal Agra da Coruña será onde este luns o xornalista Txema Santana mostre a súa "ampla experiencia en coberturas informativas" relacionadas coas persoas migrantes e os Dereitos Humanos tanto en América Latina como en Canarias.

Xa o martes, desprazarase a Santiago para participar nunha rolda de prensa xunto á Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas e para presentar unha charla ás 19,30 horas na Facultade de Filosofía.

Este home refuxiado en Idomeni faise cargo dos seus fillos e de dous cativos máis orfos
Este home refuxiado en Idomeni faise cargo dos seus fillos e de dous cativos máis orfos | Fonte: Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta