A oposición carga contra a Xunta por "ignorar" o problema da vivenda en aluguer en Galicia

Os votos do PPdeG rexeitan unha iniciativa do PSdeG que pedía mobilizar "todo" o parque de vivenda baleira.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2019 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

Os grupos da oposición cargaron contra a Xunta "por ignorar" que a falta de vivenda para aluguer se converteu "nun problema de presente e de futuro" debido á caída da oferta, a subida dos prezos e a proliferación dos pisos turísticos.

Así o expresaron os diferentes grupos durante o debate dunha iniciativa parlamentaria presentada polo Grupo Socialista no pleno deste mércores que foi rexeitada polos votos do grupo maioritario, o PPdeG.

A proposición, defendida pola deputada socialista María Pierres, pretendía reclamar á Xunta que mobilice a totalidade do parque de vivenda de Galicia e destine ao aluguer un total de 3.000 pisos, xa que existen na actualidade "un total de 14.532 demandantes" para "tan só 3.900 vivendas de longa duración".

Neste sentido, Pierres alertou de que esta situación, nun contexto de alugueres á alza no mercado inmobiliario, vese "recrudecida" coa proliferación de vivendas de tipo turístico, que reduce a oferta especialmente en cidades como Santiago.

Na súa quenda de intervención, o deputado popular Jaime Castiñeiras descargou sobre os concellos a responsabilidade pola falta de regulación das vivendas de tipo turístico porque son os encargados de "aplicar as ordenanzas para que os usos residenciais non se convertan en usos terciarios".

Vivendas en construción
Vivendas en construción | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta