As áreas sanitarias irán á folga do 27 e 28 de novembro en Galicia logo de ratificalo as diferentes asembleas

Reivindican un límite de 30 pacientes por día en consulta; unha estrutura de xestión de Atención Primaria, un orzamento para este nivel asistencial do 25 por cento do total, "cobertura do 100% das substitucións", a OPE "de todas as vacantes" e unha atención "homoxénea nas áreas: mesmas derivacións e acceso a probas diagnósticas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2019 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

As asembleas de áreas sanitarias galegas ratificaron este mércores a convocatoria de folga de persoal médico para os días 27 e 28 de novembro en defensa da Atención Primaria.Así, nun encontro mantido na tarde deste mércores en Santiago de Compostela, acordaron facer efectiva a convocatoria de paros ratificada a pasada semana noutra asemblea. Ademais, prevese levar a cabo diferentes protestas eses días en varias localidades, aínda por concretar.

O pasado mércores, 6 de novembro, noutra reunión xa acordaron "por unanimidade" ratificar a proposta de convocatoria de paros con "os mesmos puntos da folga de xuño" que, lembraron nun comunicado, "seguen sen alcanzar".

Por iso, reivindican un límite de 30 pacientes por día en consulta; unha estrutura de xestión de Atención Primaria, un orzamento para este nivel asistencial do 25 por cento do total, "cobertura do 100% das substitucións", a OPE "de todas as vacantes" e unha atención "homoxénea nas áreas: mesmas derivacións e acceso a probas diagnósticas".

"De seguir sen ter respostas, temos a intención de propor nun futuro inmediato, a convocatoria de folga indefinida e estuda a renuncia a formación de novos residentes o ano próximo", advertiran tras a reunión da semana pasada.

Respecto diso, avisaron de que "nesta situación de sobrecarga que segue igual ou peor que outros anos pola inacción da Consellería, non é responsable nin posible facer formación de futuros especialistas de Atención Primaria".

Clínico, CHUS. EUROPA PRESS - Arquivo
Clínico, CHUS. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta