Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2025 | Actualizada ás 13:33
A Xunta somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, coa necesidade de urxente ocupación, da modificación do proxecto do parque eólico Olerón, entre os concellos de Rois e Brión.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a listaxe do centenar de propietarios afectados por estes cambios nas instalacións que proxecta Norvento. E é que o proxecto reduce do oito aeroxeradores orixinais a seis. A potencia a instalar será de 27 megawatts (seis aeroxeradores de 4,5 megawatts cada un), cunha potencia evacuable de 24 megawatts.
O orzamento deste parque eólico é de 18,5 millóns de euros. Terá un prazo de execución de oitos meses, segundo figura na información publicada pola Consellería de Medio Ambiente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.