A CUP chama os partidos nacionalistas a vetar o pacto Sánchez-Iglesias

Poñerase en contacto co BNG este mesmo xoves para trasladar a súa proposta.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/11/2019 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

A deputada electa da CUP no Congreso, Mireia Vehí, chamou este xoves ás formacións independentistas e soberanistas que obtiveron representación no Congreso, como o Bloque Nacionalista Galego, a dar unha resposta conxunta e rexeitar o preacordo de gobernabilidade entre o PSOE e Unidas Podemos.

Nunha rolda de prensa acompañada do outro deputado electo 'cupaire', Albert Botran, dirixiuse concretamente a JxCat, ERC, Comuns, PNV, Bildu, Compromís e BNG, cos que se porán en contacto este mesmo xoves para trasladarlles a súa proposta.

"Non pode ser que se avale unha investidura que nega os dereitos democráticos. Non se pode dar apoio a un acordo que nega que haxa un conflito político, que non faga referencia á amnistía nin á autodeterminación", resolveu a deputada 'cupaire'.

Bieito Lobeira, Ana Miranda e Rubén Cela nos actos da Diada en Cataluña
Bieito Lobeira, Ana Miranda e Rubén Cela nos actos da Diada en Cataluña | Fonte: BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Realpolitik

A CUP lémbrame ó independentismo máis ultraesquerdista galego. Son, comparados co resto de Catalunya, 4 gatos que só queten ver arder o mundo. Afortunadamente o BNG deixou fai tempo ise independentismo de litronas e pegatinas e é hoxe un partido serio que fai política galega e non anarcocomunismo. Por iso levaron o meu voto e seguen a medrar.

1 Carlos G

Tres vividores na mesma foto. Paga a U