O temporal derruba un edificio ruinoso no barrio de Esteiro en Ferrol

Aínda que houbo que cortar a circulación pola rúa e un vehículo estacionado sufriu danos, non hai feridos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2019 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

Parte da fachada e do tellado dun inmoble en estado ruinoso situado no número 22 da rúa Carlos III, no barrio de Esteiro, en Ferrol, veu abaixo como consecuencia do temporal de vento e choiva que afecta a toda a comarca de Ferrolterra.

O incidente produciuse ao mediodía deste xoves, 14 de novembro, e non causou ningún ferido, pero si dañosmateriales nun vehículo que estaba estacionado na zona, yaque os restos de muros e tellas acabaron sobre o mesmo.

Ademais, a rúa foi cortada ao tráfico, debido á cantidade de escombros que están no lugar e que imposibilita a circulación, mentres a zona foi acordoada por axentes da Policía Local de Ferrol. O inmoble levaba varios anos deshabitado e en estado ruinoso. De feito, uns valos impedían circular polas súas proximidades.

OUTROS INCIDENTES EN FERROLTERRA

Ao longo da xornada deste xoves producíronse diversos incidentes en Ferrolterra, Eume e Ortegal, como consecuencia de fortes refachos de vento e choivas, con cortes de suministro eléctrico, caídas de ramas e árbores, ademais de cortes de estradas e desbordamentos de ríos.

Así, a intensidade do temporal na zona de costa fixo que o Concello de Valdoviño decidise pechar o acceso por estrada ao faro da Frouxeira. Os cortes de subministración eléctrica producíronse en numerosos puntos, moitos deles debido á caída de ramas e árbores sobre os tendidos, ademais de inundacións en transformadores,como a acontecida á primeira hora da mañá na zona do Cantón, en Ferrol.

Zonas habituais de acumulación de auga, como as avenidas do Mar ou Esteiro rexistraron incidentes coa circulación de vehículos por inundacións, mentres que no barrio de Recimil desprendéronse varias ramas sobre uns vehículos estacionados.

Tamén se rexistraron desprendementos, como nun dos talleres de Navantia Fene, que está en remodelación, cunha das súas chapas, ou tamén un valo publicitario situada no polígono de A Gándara. Foron moitas as estradas que quedaron cortadas temporalmente, pola presenza de vexetación, como ocorreu na parroquia de Maniños, en Fene, na estrada que une Valdoviño con Cedeira, na saída do centro urbano do primeiro concello  e en Cabanas, tras vir abaixo unha árbore que ocupou parte dun dos carrís da N-651.

Edificio derrubado en Ferrol
Edificio derrubado en Ferrol | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta