Morre unha moza nunha colisión en Dumbría

Un home resultou ferido no sinistro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2019 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

Unha moza de 33 anos de idade faleceu na mañá deste venres e un home resultou ferido nunha colisión rexistrada no termo municipal de Dumbría.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia a Europa Press, este sinistro tivo lugar sobre as 10,40 horas no quilómetro 83 da estrada AC-552 sentido Fisterra.

Debido ao sinistro, tras o que tivo que ser excarcerada a vítima, foron mobilizados o 061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Cee, Protección Civil de Dumbría e persoal de mantemento da vía.

En concreto, o 061 enviou unha ambulancia, o equipo sanitario de Dumbría e o helicóptero medicalizado con base en Santiago. O persoal sanitario confirmou o falecemento no lugar da muller N.A.E., de 33 anos, mentres que a aeronave trasladou ao Hospital Virxe da Xunqueira ao home R.C.M., de 59 anos.

Ambulancias no Hospital Clínico de Santiago.. EUROPA PRESS - Arquivo
Ambulancias no Hospital Clínico de Santiago.. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta