Falece un traballador mentres manipulaba cables de media tensión en Coirós

Ata o lugar desprazouse unha ambulancia, pero o home faleceu no lugar.

Por Europa Press / Redacción | COIRÓS | 15/11/2019 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

Un traballador de 55 anos de idade faleceu na mañá deste venres mentres manipulaba uns cables de media tensión no termo municipal de Coirós. Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, este accidente laboral tivo lugar sobre as 10,15 horas no Polígono Industrial de Coirós mentres manipulaba uns cables cando o home traballaba nunha cesta.

Tras recibir a alerta dun compañeiro, o 112 puxo os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e dos Bombeiros de Betanzos, así como da compañía eléctrica.

Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia de soporte vital básico e un equipo sanitario de Atención Primaria para atender ao home, B.M.F., de 55 anos, que, a pesar dos esforzos, faleceu no lugar.

Imaxe dunha ambulancia do SUMMA 112.. TWITTER EMERXENCIAS 112 COMUNIDADE DE MADRID
Imaxe dunha ambulancia do SUMMA 112.. TWITTER EMERXENCIAS 112 COMUNIDADE DE MADRID

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta