Unha avaría nunha estufa provoca un incendio nun comercio de Pontevedra

A situación, que foi percibida polos transeúntes no momento dos feitos, puido ser controlada polos equipos de emerxencia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2019 | Actualizada ás 10:39

Comparte esta noticia

A mala combustión dun calefactor provocou un incendio nun establecemento comercial en Pontevedra sen causar danos persoais, segundo informa o 112 Galicia.

Unha avaría nunha estufa foi a causa do lume que tivo lugar a noite do venres dentro dun comercio da rúa Benito Corbal. A situación, que foi percibida polos transeúntes no momento dos feitos, puido ser controlada polos equipos de emerxencia.

Sobre as 21.00 horas, unha persoa particular púxose en contacto co 112 Galicia para informar que vía saír fume dun dos cuartos do comercio.

Foron avisados os Bombeiros de Pontevedra e a Policía Local. Unha vez no lugar do incidente, os servizos de emerxencia indicaron que foi necesario romper a porta para acceder ao seu interior e poder controlar o foco.

Estufa de pellets
Estufa de pellets

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta