Estás interesado en bolsas de traballo no sector tecnolóxico?

O programa Digitalent ofrece bolsas ás empresas tecnolóxicas para acoller estudantes de Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura.

Por GC Emprende | A Coruña | 18/11/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O programa de bolsas Digitalent ofrece ás empresas tecnolóxicas a posibilidade de acoller bolseiros de último curso de Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura para cubrir vacantes.

Integrantes da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo, na estación de seguimento da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Integrantes da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo, na estación de seguimento da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación | Fonte: DUVI.

Nun comunicado, a Fundación Empresa - Universidade Galega explicou que o obxectivo desta iniciativa é facilitar a incorporación de perfís non tecnolóxicos ao sector TIC.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abre a convocatoria para adherirse ao programa de bolsas Digitalent, do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia, que busca facilitar a hibridación entre o sector TIC e os perfís non dixitais.

As empresas interesadas en acollerse a este programa poden presentar as súas solicitudes así como as súas preferencias en canto ás áreas de coñecemento ou titulacións dos bolseiros en función das súas necesidades ata o 20 de novembro.

Segundo indicou Feuga, as empresas colaboradoras deberán ter experiencia en proxectos relacionados con tendencias tecnolóxicas emerxentes tales como big data, tecnoloxías móbiles, deseño de servizos e aplicacións cloud, entre outras.

O prazo finalizará o 20 de novembro e, unha vez avaliadas todas as solicitudes, publicarase a lista de entidades colaboradoras que finalmente recibirán aos bolseiros para a realización das prácticas formativas.

CONVOCATORIA A ESTUDANTES

O programa oferta un total de 50 prazas destinadas a estudantes dos últimos cursos de Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura.

No mes de xaneiro, unha vez seleccionadas as entidades colaboradoras, publicarase unha convocatoria dirixida a estudantes matriculados en calquera do tres universidades galegas menores.

Deberán ser menores de 31 anos e que ter superado o 75% dos créditos e menos do 100%, para que poidan presentar as súas candidaturas para participar no programa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta