O nodo Ciber.gal consolida un ecosistema de ciberseguridade con administracións, empresas e universidades

O Nodo Galego de Ciberseguridade, Ciber.gal, consolidouse en 2023 como espazo de referencia para o ecosistema galego da seguridade de información, coa incorporación de 10 grandes empresas e a realización ou participación en todo tipo de iniciativas de concienciación, promoción do talento e do coñecemento e prestación de servizos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2024 | Actualizada ás 16:49

Comparte esta noticia

Nodo Galego de Ciberseguridade, Ciber.gal, consolidouse en 2023 como espazo de referencia para o ecosistema galego da seguridade de información, coa incorporación de 10 grandes empresas e a realización ou participación en todo tipo de iniciativas de concienciación, promoción do talento e do coñecemento e prestación de servizos.

Segundo apuntan nun comunicado, na actualidade son xa máis de 50 as administracións, universidades, empresas e institucións que forman parte deste modelo de colaboración creado en 2020. Os responsables de Ciber.gal presentaron recentemente, ante a Asemblea do Nodo, a Memoria correspondente á súa actividade en 2023, onde destacan actividades de concienciación e capacitación dirixidas á cidadanía, ás administracións públicas e ao tecido empresarial.

Entre elas, atópase a celebración do III Encontro Ciber.gal, que reuniu en Santiago a algúns dos principais expertos nacionais en ciberseguridade; e o desenvolvemento do Curso Superior de Ciberseguridade destinado a empregados públicos. Entre as campañas dirixidas á cidadanía, a memoria destaca os máis de catro millóns de visualizacións que tiveron os vídeos de #CiberEsther; os máis de 6.600 escolares que participaron no concurso 'Ciberseguridade no cole!', ou os case 4.000 participantes nas iniciativas de concienciación e formación en ciberseguridade nos colexios.

A memoria tamén destaca que en 2023 deseñouse e puxo en marcha o novo espazo web do Nodo Ciber.gal, así como a web ciberseguridadegalicia.gal, que concentra toda a información e recursos de Galicia nesta materia. O nodo participou tamén na elaboración da Estratexia Galega de Ciberseguridade e formalizou colaboracións con organizacións internacionais como a Global Cybersecurity Alliance.

Entre a actividade de 2023, a Memoria destaca o fomento do talento a través da participación ou implicación en iniciativas como os servizos de ciberseguridade para entidades locais; ou a firma do convenio entre o Incibe e as tres comunidades participantes (Galicia, Cataluña e Comunidade Valenciana) no proxecto do Centro de Innovación en Competencia en Ciberseguridade.

Precisamente, sinalan, o desenvolvemento deste convenio figura entre as principais liñas de traballo para este ano. Así, a memoria destca a próxima creación en Galicia deste centro, centrado no transporte intelixente. Esta actuación conta cun financiamento público e privado de máis de 19 millóns de euros e forma parte do programa RETECH, no que tamén participan Cataluña e a Comunidade Valenciana.

Xornalista traballando nun ordenador
Xornalista traballando nun ordenador | Fonte: computador.es - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta