O PP rexeita modificar o imposto do patrimonio e subir a recadación ás persoas máis ricas

En Marea presentou unha proposta de Lei na que denuncia que, durante a crise económica, "os ricos fixéronse máis ricos aínda". Desde o BNG aseguran que "máis de 600.000 persoas están en risco de pobreza en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2019 | Actualizada ás 12:53

Comparte esta noticia

O Partido Popular rexeitou a toma en consideración dunha proposición de lei para reformar o imposto do patrimonio co obxectivo de incrementar a recadación ás persoas máis ricas como así defendeu este martes a oposición no pleno do Parlamento de Galicia por mor dunha proposición de lei do En Marea.

Na sesión, o portavoz do En Marea, Luís Villares, presentou unha proposición de lei para modificar este gravame e subilo a aquelas persoas con máis patrimonio para corrixir as "desigualdades" existentes así como a "insuficiencia" de recursos públicos. Conforme lembrou, a propia Constitución española establece que a recadación fiscal debe rexerse polos principios de "progresividad" e "equidade" para "buscar riqueza alí onde existe". "Neste contexto e para a realización dos valores da democracia social é polo que vimos abordar esta reforma", sinalou.

Entre outras cuestións, Villares sinalou que, durante a última recesión económica, os ricos fixéronse "máis ricos aínda". En concreto, indicou que, desde o ano 2011 ata o 2017, o patrimonio total en Galicia rexistrou un incremento do 62%, mentres que no conxunto de España esta subida foi do 55%.

Todo iso mentres que, segundo apuntou, o "38%" das persoas (os de ingresos baixos ou moi baixos) reciben o "13% da renda total" mentres que "o 13%" das persoas quedan co "35%" da renda total. "Houbo un paradoxo, mentres o groso da poboación vivía progresivamente precarizada, xerábase riqueza e xerábase cada vez en menos mans", indicou.

APOIO DA OPOSICIÓN

O restantes tres grupos da oposición mostraron o seu apoio á iniciativa defendida por En Marea. Así, en primeiro lugar, a deputada do BNG Noa Presas apoiou esta reforma e lembrou que "hoxe en día" en Galicia "máis de 600.000 persoas" están en situación de risco de pobreza.

"Iso significa que se está fallando na distribución da renda, son os logros dunha política fiscal e económica que non compartidos", sinalou para cualificar de "totalmente innecesaria" a rebaixa do imposto do patrimonio aprobada polo Partido Popular o pasado ano.

Luis Villares
Luis Villares | Fonte: E.P.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta