A prórroga do Real Decreto lei 1/2024 busca evitar a exclusión social de persoas que poderían perder a súa vivenda debido á subida das hipotecas.
  comenta   0
Sobe en dous puntos o índice de pobreza, ata o 25,5%. E aínda que a renda media creceu ata os 13.147 euros en 2023, continúa por baixo dos 14.082 euros da media estatal.
  comenta   0
A Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia) presentou este luns un documento con 79 propostas englobadas en 10 grandes demandas e catro principios de actuación para propor aos partidos políticos, de face ás eleccións do 18 de febreiro e a nova lexislatura, accións que permitan "seguir xerando un escudo de protección" contra a pobreza e a exclusión social en Galicia.
  comenta   0
Un 8,5 % dos menores de Galicia afrontaban unha situación de pobreza severa e un 19,1 % non gozaba dunha vivenda coa temperatura adecuada.
  comenta   0
En Galicia está no 6,8 %, 2,1 puntos por baixo do dato nacional, e en descenso respecto ao ano anterior (dous puntos menos).
  comenta   0
CC OO recolle que o indicador AROPE, no ano 2022, sinalaba que 634.949 galegos e galegas estaban en risco de pobreza ou execución social.
  comenta   0
Representantes dos 43 proxectos adxudicatarios acudiron ás instalacións da biofábrica de Lourizán, onde tivo lugar o acto de firma do convenio para a adxudicación das axudas, que permitirá "a inmediata posta en marcha dos proxectos".
  comenta   0
Presentou na Cámara galega unha batería de iniciativas para reclamarlle ao Goberno autonómico que elabore un Plan de Actuación contra a pobreza e a exclusión social
  comenta   0
Neste 19 de outubro, Día Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, as asociacións de pacientes piden poñer o foco nas carencias aínda non cubertas e dificultades económicas que sofren moitas mulleres que atravesan a doenza.
  comenta   0
Entre as medidas que inclúe o proxecto, facilitaránselles actividades de reforzo escolar, axudas directas para o pago da renda ou de gastos médicos, cursos de economía doméstica e hábitos de vida saudable ou asesoramento para a inserción laboral.
  comenta   0
Expertos das universidades de Santiago de Compostela e Vigo evidencian os problemas que ten a poboación en situación ou en risco de exclusión social para utilizar os servizos electrónicos dos sistemas de saúde.
  comenta   0
A violencia administrativa supón un grande obstáculo cando se quere recorrer ás axudas das administracións. Son “movementos” que fan desistir a reclamación de prestacións públicas en caso de urxencia social. A maioría das veces responden ao entramado burocrático das entidades públicas ou privadas. Outras veces, son as propias leis encamiñadas a protexer á cidadanía as que levan implícita esta violencia administrativa.
  comenta   0
Segundo a nova taxa Arope O risco de pobreza en Galicia baixa ata o 20,2% en 2021, por baixo da media estatal
  comenta   0
Buscar piso é semellante a pasar un 'cásting' no que os diversos nesgos ideolóxicos entran en xogo para reforzar, ás veces, a exclusión social dos colectivos máis discriminados.
  comenta   0
Poñen en marcha varias iniciativas online co fin de axudar a persoas en risco de exclusión social ou con iniciativas de axuda social.
  comenta   0
Entre estas medidas, figura a de "impulsar unha normativa" que regule a prestación universal de servizos financeiros básicos ou esenciais, de forma que se garanta a súa prestación para todos os usuarios, cunha "calidade determinada e a un prezo alcanzable".
  comenta   0
Existe unha vaga de violencia dentro e fóra das aulas? Hai fallos xeralizados no sistema tanto educativo como social que normaliza o bullying e o acoso? Algúns profesionais e asociacións de pais responden a unha cuestión que podería estarse sobredimensionando e aínda se descoñecen moitas das causas.
  comenta   0
Este sábado, persoal de Sanidade --en colaboración coa concellaría de Benestar de Lugo-- vacinará ás primeiras persoas sen fogar no Fogar do Transeúnte municipal.
  comenta   0
A valedora tamén pide ás administracións máis axilidade para outorgar as axudas sociais a persoas en risco de exclusión social.
  comenta   0
"Estamos a ver persoas cuxa única problemática é non ter emprego. É dicir, que se tivesen un emprego en condicións dignas non serían usuarios desta cociña. Ese é o perfil desta nova crise". Redución de aforos, incremento da demanda e novos perfís de comensais. GC fala con algunhas das principais cociñas económicas galegas.
  comenta   1
Entre as colaboracións, Gadis destacou a cooperación con once bancos de alimentos de Galicia e Castela e León a través da campaña "Maio Solidario" de Supermercados Gadis.
  comenta   0
Calculan que se os case 600.000 galegos que non a marcaron o pasado ano o fan serían 13 millóns máis para programas "máis que nunca necesarios" pola crise.
  comenta   0
A situación de pobreza e exclusión é unha carga molesta para algúns sectores sociais, sobre todo os máis favorecidos, incluídas as clases medias. Así naceu unha actitude de “invisibilización” da pobreza ignorando a súa existencia ou erradicándoa de maneira expeditiva. A aporofobia é o termo que lle deu nome ao odio ás persoas desfavorecidas.
  comenta   3
A construción de vivenda protexida para familias sen recursos non interesa moito en Galicia. A grande maioría dos inmobles baleiros na nosa comunidade son propiedade de empresas ou bancos que buscan facer negocio. Mentres, familias enteiras teñen que afrontar alugueres cada vez máis altos e a Xunta non mostra interese en acelerar a creación de vivenda pública.
  comenta   3
Alerta de que os impactos socioeconómicos non só se nota nunha intensificación da vulnerabilidade daquelas persoas que xa a atopaban con anterioridade, senón que as circunstancias sobrevindas están a levar a unha situación de serio risco de pobreza a persoas que non o experimentaron ata o momento.
  comenta   0
Esta atención formúlase a través dun convenio coa Universidade da Coruña (UDC), e que establece que setenta persoas en situación de vulnerabilidade poderán ser atendidas cada ano, tras a firma do acordo entre o alcalde, Ángel Mato (PSOE), e o reitor desta universidade, Julio Abalde, prevista para os próximos días.
  comenta   0
O programa 'Cubertos' desenvólvese na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo e Ferrol en colaboración coas administracións locais e distintas entidades sociais, segundo cada municipio.
  comenta   0
Abanca e a súa Obra Social, Afundación, explicaron que o obxectivo é "apoiar ás familias máis vulnerables", especialmente afectadas pola crise da COVID-19, "garantindo aos nenos unha alimentación saudable durante o verán".
  comenta   0
A través dunha ferramenta de simulación pódese comprobar se se cumpren os requisitos para acceder a esta prestación.
  comenta   0
A perspectiva das persoas en risco de exclusión sobre a nova crise ofrécenos unha maneira de diferenciar o que acontece agora e o que aconteceu a partir de 2008. Agora que parece vir unha vaga de inseguridade máis grande que hai máis dunha década, recollemos a visión dunha persoa que vive ao día mais sen deixar o activismo social.
  comenta   4
Alcohólicos Anónimos' informou este luns de que, a pesar das medidas de confinamento, os seus distintos grupos de axuda continúan activos para dar apoio ás persoas afectadas por esta adicción.
  comenta   0
Compran "luvas de lavar a louza" e fan "máscaras con trapos" para protexer "como poden" a anciáns e nenos fronte ao coronavirus. O alcalde de Maside explica que o Concello entregou lotes básicos de comida e produtos de limpeza a todas as familias en exclusión social.
  comenta   0
A visita dun relator da ONU para coñecer cal é o estado de protección social en España, deixou ver carencias nalgúns puntos da cobertura social. As últimas estatísticas do INE falan dunha diminución en Galicia do número de persoas afectadas pola pobreza. O número total de persoas afectadas supera os 600.000 nas catro provincias.
  comenta   1
Os comedores sociais en Galicia viron aumentar o número de usuarios desde 2008, comezo da crise. Desde esa data non baixou ou se o fixo nalgúns casos, logo volveu repuntar. Algunhas atenden familias derivadas polos servizos sociais, mais a maioría de usuarios son persoas en exclusión social ou con traballos temporais de curta duración.
  comenta   1